Evaristo Pérez de Castro Brito, nado en Hamburgo e finado en Vigo o 11 de setembro de 1896Necrolóxica en La Correspondencia de España, 20-9-1896, p. 4., foi un político galego.

Traxectoria

Fillo de Evaristo Pérez de Castro Colomera e de Francisca de Brito Pinto de Morais, naceu en Hamburgo mentres o seu pai era ministro de España nas cidades hanseáticas, entre 1817 e 1820. Cuñado de José Elduayen e vinculado ao Partido Conservador, foi deputado provincial. O 21 de marzo de 1877 foi elixido presidente da Deputación de Pontevedra. Foi presidente da Comisión de límites con Portugal e Ministro secretario das Ordes. Vida persoal

Casou con Dolores Martínez Montenegro, filla de Francisco Javier Martínez Enríquez, marqués de Valadares.

Notas

Categoría:Presidentes da Deputación de Pontevedra Categoría:Finados en 1896