Manuel Bárcena Franco, I conde de Torrecedeira, nado en Vigo o 27 de agosto 1834 e finado na mesma cidade o 14 de xaneiro de 1908Necrolóxica en La Correspondencia Gallega, 15-1-1908, p. 3., foi un empresario e político galego.

Traxectoria miniatura|250px|Casas de Bárcena. Fillo de Manuel Bárcena de la Concha Bustillo e de María del Pilar Franco Menéndez Colwel. Educouse en Gran Bretaña. Mantivo e aumentou os negocios de curtidos fundados polo seu pai en Barreiro (Lavadores) e fundou os seus propios como consignatario de buques, gandeiro e promotor de vivendas. Tivo a súa propia casa de banca e foi fundador da Caja de Ahorros y Monte de Piedad de Vigo en 1880. Tamén construíu importantes edificios como a Casa Bárcena, sede durante uns anos (despois do seu pasamento) da Caixa de Aforros por el fundada, e o Edificio El Moderno.

No Sexenio Democrático foi elixido senador pola provincia de Pontevedra en 1872 e foi reelixido en 1884. O 6 de abril de 1874 foi nomeado presidente da Deputación de Pontevedra. Na Restauración foi alcalde de Vigo (1879-1881) e foi elixido senador por Pontevedra en 1886, sendo reelixido en 1891, 1896 e 1903. Vida persoal

Casou con Dolores de Andrés-García López e tivo tres fillos, o primoxénito dos cales foi Manuel Bárcena Andrés.

Distincións O 3 de xaneiro de 1891 a raíña rexente María Cristina de Habsburgo-Lorena outorgoulle o título de conde de Torrecedeira, en referencia ao Pazo de Torre Cedeira, situado en Cedeira, Redondela.López-Chaves Meléndez, Juan Manuel e Amor Moreno, Grato Ernesto (1998). Inventario de pazos y torres de la provincia de Pontevedra. Deputación de Pontevedra. ISBN 84-86845-09-02..

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Biografía na web da Cámara de Comercio de Vigo Ficha no Senado Mauleón, Amaia (22/4/2007). "Nuevos tiempos para la nobleza" Faro de Vigo .

Categoría:Banqueiros de Galicia Categoría:Presidentes da Deputación de Pontevedra Categoría:Senadores de Galicia Categoría:Alcaldes de Vigo Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1834 Categoría:Finados en 1908 Categoría:Condes de Galicia