O Gran Premio de Portugal de 1959 foi unha carreira de automobilismo de Fórmula Un, celebrada o 23 de agosto de 1959 no circuíto de Monsanto. Foi a sétima carreira da tempada de Fórmula Un de . Foi o oitavo Gran Premio de Portugal e o segundo que era puntuable para o campionato mundial de Fórmula 1 de pilotos. Era a terceira vez que se celebraba a carreira en Monsanto e a primeira que puntuaba para a Fórmula Un. A carreira levouse a cabo sobre 62 voltas ao circuíto de cinco quilómetros cunha distancia total de carreira de 337 quilómetros.
A carreira foi gañada polo piloto británico Stirling Moss, foi a súa undécima vitoria nun Gran Premio, pilotando un Cooper T51 para o equipo de carreiras privado Rob Walker Racing Team. Moss terminou unha volta por diante do corredor americano Masten Gregory que pilotaba un Cooper T51 semellante ó do equipo de fábrica de Cooper Car Company. O piloto americano da Scuderia Ferrari Dan Gurney terminou terceiro no seu Ferrari Dino 246.
Informe da carreira
As vitorias en Francia e Alemaña deran a Tony Brooks un cómodo lugar no segundo posto no campionato detrás de Jack Brabham. Stirling Moss mellorou a súa pobre posición no campionato gañando a carreira o segundo posto foi para Masten Gregory e o terceiro para Dan Gurney. Phil Hill e Graham Hill estrelaronse un contra outro na volta 6, mentres que Brabham tivo un enorme accidente, dando unha volta de campá, do que saíu ileso. Gurney foi o único Ferrari entre os oito primeiros con Maurice Trintignant e Harry Schell completando os cinco primeiros.
Con Brabham non rematando a carreira e Brooks terminando noveno, Moss pechou a brecha no campionato a só 9 puntos e medio detrás de Brabham e 5 puntos e medio detrás de Brooks.
Clasificación
Pos Nº Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos 1 4 Stirling Moss Cooper-Climax 62 2:11:55.41 1 9 2 2 Masten Gregory Cooper-Climax 61 + 1 volta 3 6 3 16 Dan Gurney Ferrari 61 + 1 volta 6 4 4 5 Maurice Trintignant Cooper-Climax 60 + 2 voltas 4 3 5 6 Harry Schell BRM 59 + 3 voltas 9 2 6 10 Roy Salvadori Aston Martin 59 + 3 voltas 12 7 8 Ron Flockhart BRM 59 + 3 voltas 11 8 9 Carroll Shelby Aston Martin 58 + 4 voltas 13 9 14 Tony Brooks Ferrari 57 + 5 voltas 10 10 18 Mário de Araújo Cabral Cooper-Maserati 56 + 6 voltas 14 Ret 3 Bruce McLaren Cooper-Climax 38 Transmisión 8 Ret 1 Jack Brabham Cooper-Climax 23 Transmisión 2 Ret 7 Jo Bonnier BRM 10 Motor 5 Ret 15 Phil Hill Ferrari 5 Accidente 7 Ret 11 Graham Hill Lotus-Climax 5 Accidente 15 Ret 12 Innes Ireland Lotus-Climax 3 Caixa de cambios 16
Posicións logo da carreira
Clasificación no campionato de pilotos PosPilotoPuntos 10px 1 Jack Brabham 27 10px 2 Tony Brooks 23 10px 3 3 Stirling Moss 17.5 10px 1 4 Phil Hill 13 10px 5 Maurice Trintignant 12
Clasificación do campionato de construtores Pos Construtor Puntos 10px 1 Cooper-Climax34 (37) 10px 2 Ferrari28 10px 3 BRM18 10px 4 Lotus-Climax3
Notas: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación. Só os 5 mellores resultados contan para o Campionato. Os números sen paréntese son os puntos do campionato, os números entre paréntese son o total de puntos anotados .
Notas
Ligazóns externas
Clasificación
Portugal Categoría:Gran Premio de Portugal de Fórmula 1