O termo membrana, do latín membrāna, -ae, 'película', 'pel', 'codia', inicialmente referíase a calquera envoltura delgada e flexíbel que rodease calquera corpo. Un segundo sentido académico, por analoxía co grego ὑμήν hymén, 'membrana', é o dunha fina capa de material brando que separa dous ambientes, máis ou menos porosos e permeábeis.

A palabra úsase con significados particulares en diferentes disciplinas:

En anatomía membrana é o nome que se dá aos tecidos de estrutura aplanada, que os organismos usan para abrazaren e conteren certos órganos, ou para conter ou segregar certos líquidos, por exemplo, a membrana basal, capa celular de sostemento, de espesor variábel, que se encontra na base dos tecidos epiteliais, a membrana interósea do antebrazo, membrana fibrosa que une o óso radio co cúbito, que lle dá estabilidade ao antebrazo, repartindo e distribuíndo as forzas entre os dous ósos e que divide o antebrazo nun compartimento anterior e outro posterior, e que ademais serve de inserción para algúns músculos, a membrana de Reissner ou membrana vestibular, unha membrana situada dentro da cóclea, no oído interno, que separa a scala media da scala vestibuli e. xunto coa membrana basilar crea un compartimento dentro da cóclea que contén endolinfa, a cal é importante para o funcionamento do órgano de Corti, a antedita membrana basilar, membrana situada entre a rampla media ou coclear e a rampla timpánica do oído interno, onde se asenta o órgano de Corti, as membranas aponeuróticas, as membranas sinoviais, as mucosas, ou membranas mucosas, membranas húmidas que revisten unha cavidade fisiolóxica que ten contacto co exterior, as serosas ou membranas serosas. En bioloxía celular, a membrana lipídica ou bicapa lipídica, unha membrana delgada constituída por dúas capas de lípidos (e outras moléculas, xa que as membranas celulares son membranas lipoproteicas), a membrana nuclear ou envoltura nuclear, envoltura membranosa que rodea o núcleo das células eucariotas, onde se encerra o material xenético, formada por dúas membranas superpostas (membranas nuclear interna e externa) separadas por un espazo intermembrana, a membrana ondulante, película citoplasmática que, nalgúns protozoos, une o flaxelo co resto da célula, a membrana plasmática, estrutura laminar que envolve o citoplasma de todas e cada unha das células; ademais, as membranas dos orgánulos celulares das células eucariotas teñen unha estrutura similar. Ás veces tamén se chama membrana celular, aínda que este termo é equívoco, pois foi empregado inicialmente tanto para referirse á membrana plasmática como á parede celular, conceptos moi diferentes, a membrana tilacoidal, membrana situada dentro dos cloroplastos que encerra o tilacoide, lugar onde teñen lugar as reaccións da fase luminosa da fotosíntese. en botánica, a membrana basal, estrutura membranosa do perístoma, na que adoitan encontrarse os dentes periestomáticos, a membrana poral, finísima membrana que cobre o poro xerminal do gran de pole. En electroacústica, a membrana é a parte dun transdutor electroacústico adaptada para que entre en vibración facilmente baixo o efecto dunha presión acústica, ou que pode xerar, ao vibrar, unha onda sonora. Véxase altofalante e micrófono. En física (e en bioloxía, química e ciencias da saúde): Unha membrana é unha lámina de material poroso que, colocada entre dous fluídos, permite que ao seu través se realicen intercambios entre os mesmos; poden ser: membrana permeábel ou permeable, a que deixa pasar o disolvente e os produtos que este leva en solución, membrana semipermeábel ou semipermeable, a que permite só o paso do disolvente, pero non o das substancias que este leva en solución; é de grande importancia nos fenómenos de difusión osmótica. En tecnoloxía, e desde un punto de vista estrutural, unha membrana elástica é un elemento resistente bidimensional caracterizado por ter unha rixidez flexional nula ou moi baixa e traballar en cada punto segundo tensións mecánicas paralelas ao plano tanxente a dita membrana. En zooloxía, a membrana articular, nos artrópodos, fina membrana elástica que mantén unidos os artellos e permite o movemento relativo entre eles. a membrana braquióstega, en ictioloxía, membrana sostida polos raios braquióstegos que completan ventralmente a cámara branquial, a membrana interdixital, membrana de pel que une as dedas, nas aves nadadoras, nos réptiles de hábitos acuáticos, como os crocodilos e nos anfibios, a membrana nictitante, ou "terceira pálpebra", pálpebra accesoria transparente ou translúcida, situada no globo ocular por debaixo das pálpebras principais dalgúns animais (certas aves, e tamén réptiles, anfibios e peixes, especialmente tiburóns), e que serve para protexer e limpar o ollo, a membrana peritrófica, en entomoloxía, unha secreción que se forma a expensas do intestino medio e que envolve o bolo alimenticio, as membranas embrionarias e fetais, estruturas de aspecto membranoso que revisten o embrión dalgúns vertebrados. Son tres, o corion, o amnio (membrana amniótica), o alantoide, o hime tamén recibe o nome de membrana himenal.