Jesús Mosquera Sueiro, nado en Vila de Cruces o 1 de outubro de 1943 e finado na Coruña o 13 de febreiro de 2018UGT Galicia di adeus ao 'compañeiro Suso', ''Praza Pública, 13 de febreiro de 2018., foi un sindicalista e político galego.

Traxectoria En 1967 comezou a colaborar na organización dos primeiros núcleos da Unión Sindical Obrera (USO) en Vigo, Ferrol e A Coruña. En 1977, ao fusionarse USO coa UXT, integrouse no sindicato socialista na Coruña e afiliouse ao PSOE. Foi secretario xeral da UXT en Galicia desde 1980 e ata o 2005. Foi elixido parlamentario pola provincia da Coruña nas eleccións autonómicas de 1985 polo PSdeG pero deixou o escano o 2 de decembro de 1988 ante a folga xeral do 14 de decembro. Participou na creación e constitución do Consello Sindical Interrexional Galicia-Norte de Portugal e da Fundación para a defensa do Consumidor (FUNDECO). Impulsou a formación da Fundación Luís Tilve (1989), da cal foi presidente.

Notas

Véxase tamén Outros artigos UGT-Galicia

Ligazóns externas Ficha en galegos.info

Categoría:Sindicalistas de UGT Galicia Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Nados en Vila de Cruces Categoría:Nados en 1943 Categoría:Finados en 2018 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Deputados da II Lexislatura do Parlamento de Galicia