Jan Neruda, nado en Praga o 9 de xullo de 1834 e finado na mesma cidade o 22 de agosto de 1891, foi un escritor checo.
Traxectoria Atinxiu os campos da novela, do teatro, da poesía e do conto. Foi un dos principais representantes do realismo checo e membro da chamada Escola de Maio. A súa principal obra é Contos de Malá Strana (1877), un libro de relatos sobre a burguesía deste soado barrio de Praga.
O escritor chileno Ricardo Neftalí Reyes Basoalto tomou o seu apelido para crear o pseudónimo co que é coñecido, Pablo Neruda.
Véxase tamén
Ligazóns externas Biografía e obras de Jan Neruda en Lecturalia .
Categoría:Escritores da República Checa Categoría:Escritores en lingua checa Categoría:Nados en 1834 Categoría:Finados en 1891 Categoría:Nados en Praga