O O2 Arena, antes chamado Sazka Arena, é un pavillón multiúsos da cidade de Praga (República Checa). Foi construído para acoller o Campionato do Mundo de hóckey sobre xeo 2004. No 2006 acolleu a Final Four da Euroliga de baloncesto. Dende o 2004 é o estadio local do HC Slavia Praha, equipo de hóckey sobre xeo que compite na Extraliga Checa, e ocasionalmente dende do HC Lev Praha equipo de hóckey sobre xeo que compite na Kontinental Hockey League (KHL).

Historia A idea de construír un novo estadio en Praga tivo lugar pouco despois da "época dourada" do hóckey sobre xeo, gañando tres medallas de ouro consecutivas. A construción do estadio foi proposta para albergar o Campionato do Mundo de hóckey sobre xeo 2003, mais debido a complicacións cos investidores, a federación de hóckey sobre xeo tivo que trasladar a sede do campionato a Finlandia. Sazka a.s. (unha casa de apostas checa) converteuse no principal patrocinador do estadio.

A construción do estadio (que comezou en 2002) contou con algúns contratempos, mais finalmente rematouse a tempo para a tempada 2004, acollendo ese ano o Campionato do Mundo de hóckey sobre xeo.Sazka sports arena opened amid bitter political dispute over money en radio.cz (29 de marzo de 2004)

En marzo de 2008, o edificio foi renomeado O2 Arena.Praha prijde o Sazka Arenu. Stane se z ni O2 Arena – Domaci – Hokej – Sportplus – Aktualne.cz En outubro dese mesmo ano, os New York Rangers e os Tampa Bay Lightning comezaron a Tempada 2008-09 da NHL no O2 Arena con dous partidos. Ao mes seguinte, o pioneiro da música electrónica francesa Jean Michel Jarre levou o seu álbum Oxygène ao estadio como parte da segunda etapa do Oxygène 30th anniversary tour. En decembro do 2008, o estadio albergou os partidos do play-off do Campionato do Mundo de floorball masculino 2008, incluíndo a final na que Finlandia derrotou por 7 a 6 a Suecia.

Sting levou o seu Symphonicities Tour o 22 de setembro de 2010 xunto coa Royal Philharmonic Orchestra.

A principios de outubro de 2010, os equipos da National Hockey League Boston Bruins e Phoenix Coyotes xogaron dous partidos back-to-back no estadio para comezar as súas respectivas tempadas regulares na Tempada 2010-11 da NHL.

En novembro do 2010 Lady Gaga actuou no estadio durante o seu Monster Ball Tour.

En marzo de 2011, Sazka declarouse insolvente debido ás débedas pola construción do novo estadio. http://www.reuters.com/article/2011/03/26/sazka-idUSLDE72P07H20110326 Czech lottery firm Sazka files for insolvencyhttp://www.ft.com/cms/s/2/ebc918b0-61ca-11e0-88f7-00144feab49a,dwp_uuid=e8477cc4-c820-11db-b0dc-000b5df10621.html Balls up: Czech lottery ruled insolvent

Características Número de andares: 6 Superficie de cada andar: 35,000 m² Capacidade: 18,000 espectadores de pé (depende do evento) Club e Asientos de luxo: 2,460 Skyboxes: 66 Salóns de festa: 4 Prazas nos bares, restaurantes e cafeterías: 2,900 Estacionamentos: 280 prazas Poboación da súa zona de influencia: 1.5 a 1.8 millóns de persoas

Accesos O O2 Arena é facilmente accesible, podéndose chegar en transporte público na estación de metro de "Českomoravská", na liña B, paradas de tranvía e paradas de autobús; a estación de tren "Praha Libeň" tamén está moi preto do estadio.

Concertos AC/DC Aerosmith Alexandrov Ensemble Andrea Bocelli Arakain Avril Lavigne Batsheva Dance Company Beyoncé Black Eyed Peas Bob Dylan Bryan Adams Céline Dion Christina Aguilera Cirque du Soleil Cloud Gate Dance Theatre Coldplay Cypress Hill Deep Purple Depeche Mode Duran Duran Eagles Elán Elton John Eric Clapton Eros Ramazzotti Foo Fighters George Michael Green Day Gregorian Guns N' Roses Gwen Stefani Holiday on Ice

Jean Michel Jarre Jennifer Lopez Joe Cocker José Carreras Judas Priest Julio Iglesias Kabát Karel Gott Kiss Kylie Minogue Lady Gaga Lenny Kravitz Leonard Cohen Limp Bizkit Linkin Park Lionel Richie Lord of the Dance Luciano Pavarotti Madonna Mamma Mia! Mark Knopfler Carlos Santana Michal David Meky Žbirka Moby Monkey Business Mötley Crüe Muse Nine Inch Nails No Name Olympic Ozzy Osbourne

Paul van Dyk Pearl Jam Phil Collins P!nk Queen e Paul Rodgers R.E.M. Rammstein Red Hot Chili Peppers Richard Müller Rihanna Riverdance Robert Plant & The Strange Sensation Roger Waters Roxette Scooter Scorpions Sensation White Shakira Simply Red Snoop Dogg Spanish National Dance Company Sting The Slade The Sweet Tiësto Tina Turner Tokio Hotel Tom Jones Vanessa-Mae Wanastowi Vjecy Yes Zappa Plays Zappa

Imaxes

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Sitio web oficial do O2 Arena (en checo)

Categoría:Pavillóns de hóckey sobre xeo da República Checa Categoría:Pavillóns da KHL Categoría:Pavillóns de baloncesto da República Checa

bg:O2 Арена (Прага) sv:O2 Arena