miniatura|240px|Louis Malteste, 1897

Os malos pastores (título orixinal en francés: Les Mauvais Bergers) é unha obra de teatro escrita por Octave Mirbeau en 1897, drama en cinco actos en prosa que se representou por primeira vez o 14 de decembro de 1897 no teatro do Renacemento, París, con Sarah Bernhardt e Lucien Guitry, os dous grandes actores de teatro da época.

Sinopse Trátase dunha traxedia proletaria, a historia dunha folga obreira, organizada por un líder anarquista, Jean Roule. Os folguistas tópanse de fociños coa intransixencia de Hargand, o patrón, e do goberno, que envía ás tropas para esmagar aos insurxentes.

No quinto acto triunfa a morte, pechando a porta a calquera xerminación futura: Madeleine, a moza obreira, amante de Jean Roule, é asasinada ao seu carón polo que o neno que agardaban non verá endexamais a luz.

Tradución ao galego No ano 2010 foi publicada en galego por Biblioteca-Arquivo Teatral Francisco Pillado Mayor, en tradución de Maria Obdulia Luis Gamallo.

Véxase tamén Ligazóns externas «Introdución» de Maria Obdulia Luis Gamallo. «Mirbeau, Un dramaturgo rebelde en galego» artigo de Xesús González Gómez.

Categoría:Octave Mirbeau Categoría:Obras literarias de 1897 Categoría:Obras de teatro en francés Categoría:Obras traducidas do francés ao galego