miniatura|A cobra, como tentación, e a caveira, como morte, no cruceiro de Mourente, Pontevedra.

Poucos animais están tan ligados ao folclore e máis á mitoloxía popular coma os anfibios e os réptiles. Galicia é unha terra onde aínda a compoñente máxica ten un peso importante na tradición oral e na cultura rural. Neste sentido, os herpetos conforman un papel moi importante no patrimonio folclórico. En contraste con moitas mitoloxías asiáticas, onde certos réptiles, como tartarugas e crocodilos, son considerados benignos, na tradición xudía-cristiá adoitan teren un papel maligno e negativo, moi especialmente as cobras. En Galicia, por tanto, todos os herpetos son considerados malignos e, ademais, velenosos.Galán (1993).

Serpes As serpes na cultura popular occidental En Occidente, desde tempos moi remotos mantivéronse actitudes relixiosas coas serpes. Moitos pobos célticos atribuíanlles virtudes máxicas (malas e boas) aos "ovos de serpe" ou "pedras da víbora" (glein neidr en gaélico primitivo),"E, en consecuencia, vexámolo como o embrión dunha serpente que, apenas eclosiona, faise malo por natureza e mata desde o ovo". Diatriba de Bruto en Xulio César, de Shakespeare. e, aínda que só fosen vellos elos de colar achados no campo, os druídas considerábanos valiosos amuletos, producidos por ofidios e cos poderes máxicos destes. Unha crenza semellante persiste en Galicia coa chamada "pedra da pezoña", que é boa para curar as "picadas" de víbora e que está formada, segundo se di, pola secreción que ceiban varias cobras cando dan en fregarse unhas con outras Nas grandes culturas mediterráneas da antigüidade non era raro que se tiveran cobras nas casas (naturalmente, inofensivas, quizais dos xéneros Elaphe ou Coluber) por mor de escorrentar os ratos. E aínda hai hoxe en Galicia xente que pensa que manter unha tartaruga na casa ou na horta tamén espanta os ratos, crenza que non ten, desde logo, ningunha base real. miniatura|170px|Eva, por Albrecht Dürer. Museo do Prado, Madrid.

Na antiga Roma as serpes tamén eran veneradas; Esculapio era o deus da medicina,Na mitoloxía grega o deus da medicina era Asclepio (Ασκληπιός, Asklepiós), traducido en latín como Aesculapius, de onde vén o nome alternativo Esculapio). En Roma, ás veces representábase como unha simple serpe, porén a representación máis frecuente era a dun home barbado, cuberto cun manto que deixaba un ombro ao aire, portando na man esquerda un caxato arredor do cal se enrosca unha serpe, orixe do caduceo, símbolo da medicina. ao que lle debe o nome a serpe de Esculapio (Elaphe longissima).

En Occidente, nas crenzas cristiás e do islam, o demo foi representado como unha serpente. Na Biblia e no Corán relátase a condena de Satanás por tentar a Adán e Eva no Paraíso terreal. Incluso nos primeiros capítulos e versículos da Xénese, despois de cometer a tentación, e de que Eva e Adán caeran nela, relátase como Deus, á parte de dicirlle ao demo que se arrastraría e andaría sobre o seu seu peito, tamén se relata unha inimizade entre a serpe e a muller, á que a serpe morderá no talón, e a muller lle crebará á serpe a cabeza.

Unha vez que Adán e Eva comeran da mazá, desobedecendo a Deus, este castigounos botándoos fóra do Paraíso. Con eles, maldixo á serpe:

Da lembranza da tentación de Eva por unha cobra, tal como se narra na Xénese, vénlle a fama que lle dá a tradición cristiá de ser un animal maligno, personificación do pecado cando non do mesmo demo.

Este relato bíblico tamén inspirou á Igrexa Católica a representar a Virxe María coma a Inmaculada Concepción pisando a unha serpente tal como relata a Xénese, pero o réptil en vez de morderlle o talón só leva unha mazá na súa boca.

Nalgúns casos tamén se representa a Xesucristo pisando unha serpente, pero non inspirado na Xénese, senón como unha representación da loita entre o ben e do mal, o cal tamén pode aplicarse ao caso da Virxe María.

As serpes na cultura popular galega

Na cultura rural galega admítese xeralmente que as cobras son extraordinariamente prexudiciais e moi velenosas; o seu veleno é tan terríbel que, de non actuar a tempo, calquera trabada dunha cobra é mortal. Por norma, crese que a cobra ten o veleno no ferrete ou ferrón, denominacións populares da súa lingua bífida, pero hai quen cre que o teñen tanto na cabeza coma no rabo e mesmo en algures se cre que se se lles corta o rabo perden o veleno.Risco, (1950). Incluso algúns pensan que se a cobra se morde a si mesma tamén se envelena (non, obviamente, os que cren nas "cobras rodadoras" das que se fala despois).

A pesar da maldade das cobras, non todos pensan que sexan igual de malas para todos. Bouza Brey recolleu en Galicia En Melide, Velle, A Gudiña e Muros, pero tamén en Toledo e distintos lugares de Portugal. a crenza popular de que a cobra é amiga das mulleres e inimiga dos homes, mentres que o lagarto é amigo dos homes e inimigo das mulleres. Tamén recolle esta crenza Risco.Risco, (1950).

As serpes e o leite Unha curiosa superstición sobre as cobras, sorprendentemente estendida por rexións moi diferentes do mundo, é a que relaciona estes ofidios co leite. En distintos lugares de África ofréceselles leite, deixando unha cunca con el no chan, na crenza de que os ofidios son reencarnacións de parentes mortos que volven ás súas casas desde o alén. E en certas zonas de Centroeuropa, cando de noite se escoitaba o berro da víbora (escusado é dicir que as víboras, e ningún outro réptil, teñen voz), sacábase ao exterior da casa un prato de leite para que a víbora o bebese. Nos Estados Unidos, segundo afirmou o famoso herpetólogo norteamericano Archie Carr (1909–1987), existe a crenza, moi estendida, de que certas cobras rouban o leite directamente dos ubres das vacas.Carr, Archie Fairly (1963): The Reptiles. Silver, Burdett & Ginn, Incorporated. (New York, Time, inc. Life nature library). ISBN 0-8094-0623-3. O mesmo que ocorre con moitas xentes do campo no país, que teñen por certo que as cobras gustan de entrar, pola noite, nas cortes e, subindo polas patas traseiras das vacas, maman dos seus tetos. E non só das vacas; na comarca de Valdeorras, nalgunhas aldeas do Bolo asegúrase que se viu unha cobra zugando leite dunha corza, que non podía escapar por tela suxeita enrolada nas súas patas.

As lendas do leite e das serpes en Galicia chegan incluso a afirmar que estes ofidios axexan ás mulleres preñadas até que paren, e logo, pola noite, métenselles na cama e maman, mentres que colocan a punta da cola na boca do neno, como un chupete, para que non chore e esperte á nai.

Desde logo, é sorprendente o espallado destas crenzas entre culturas sen ningunha relación, máxime de termos en conta a imposibilidade anatómica dos ofidios para zugar ou mamar, e o nulo interese que amosan polo leite como alimento.

Mitos galegos: castros, serpes e mulleres encantadas

Son as cobras as depositarias da meirande parte das lendas e supersticións da mitoloxía popular en Galicia, que afunden as súas raíces no máis profundo da historia (ou da prehistoria). Conta a lenda —transmitida por historiadores romanos, como Avieno— que o pobo autóctono da cultura do bronce, os oestrimnios,López Cuevillas (1929). foi expulsado por unha invasión de serpes.Avieno foi o autor da Ora maritima, que se conserva fragmentariamente, unha descrición xeográfica das costas europeas, desde a Gran Bretaña até o mar Negro, baseada en viaxes que se poderían remontar até o ano 530 a.C. En relación á península Ibérica recolle as fontes máis antigas que se conservan, e que datarían do século VI a.C. Avieno describiu os oestrimnios e os saefes, pobos da Gallaecia. Isto debe facer referencia aos pobos célticos invasores, da cultura do ferro, os saefes,Os oestrimnios constituían a poboación indíxena do occidente peninsular á chegada dos saefes; o seu territorio estendíase desde Galicia até o Algarve. A primeira invasión documentada ocorreu varios séculos antes de Cristo, cando os ofis e outras tribos irromperon na península Ibérica e colonizaron as terras fértiles dos oestremnios, en torno aos ríos Douro e Texo. Cuevillas preséntaos como o substrato autóctono fronte aos invasores célticos, os saefes; pero estas teorías, baseadas na historiografía romana, hoxe en día foron case totalmente abandonadas. Por outro lado, na antigüidade, Galicia era coñecida polos gregos como Ophiusa, a "terra das serpes" (quizais polos moitos ríos e regos de sinuoso trazado que ten). miniatura|259px|Petróglifo da "Pedra da Serpe", O Campo Lameiro.

Vestixios do culto totémico ás cobras quedan nas insculturas de moitos petróglifos espallados pola terra galega, como a "Pedra da Serpe" do Campo Lameiro, ou posteriores, como a "Pedra da Serpenta" en Gondomil (Ponteceso) e as lendas que ligan a grandes cobras mitolóxicas a castros e mámoas.

A "Pedra da Serpenta", ou da "Serpe" de Gondomil (Ponteceso), tamén coñecida coma o "Altar da Pedra da Serpe", ou o "Altar de Gondomil", ten gravada a serpe que, segundo a lenda, apareceu cando santo Hadrián (ou Adrián), querendo librar a zona das moitas serpes que alí había, deu un forte golpe no chan co pé e fixo que todas as serpes desapareceran, quedando encantadas debaixo da pedra.Rodríguez González, Eladio (1958-1961): Diccionario enciclopédico gallego-castellano. 3 vols. Vigo: Galaxia. Tamén no Castro de Penalba (O Campo Lameiro) hai un petróglifo chamado a Pedra da Serpe. Alí, segundo a tradición, han ir na noite de San Xoán os matrimonios que queren ter un fillo e facer o amor contra a pedra; a maiores deben deixar ao pé dela unha cunca de leite, suponse que para o beba a cobra.

No rico patrimonio relacionado coas cobras, moitas das lendas falan de serpes de castros. Nelas aparécense, xeralmente a pastores que se achegan aos castros, fermosas mulleres que se converten en grandes cobras. O home ten que pasar certas probas, como levarlles agasallos ou darlles bicos O que te desencantar / tres bicos tenche que dar, di a lenda da "Cobra do Encanto", de San Vicente de Vigo, Carral, segundo Carré,Carré Alvarellos (1968). para se tornar a fera serpe outra vez en muller (que lles adoita entregar tesouros escondidos). Desta temática son as lendas do Castro de Amboade, en Pantón (Lugo), onde vivía, nunha adega subterránea, unha gran serpe que se trocaba en moza perante o home arriscado que se atrevía a tocarlle a cabeza,López Cuevillas, F. e Fraguas, A. (1955): "Los castros de la tierra del Saviñao", en III Congreso Nacional de Arqueología. Zaragoza: Institución "Fernando el Católico" (CSIC). ou a do Castro de Barán (Paradela), tamén en Lugo, na que a muller encantada lle advertía ao pastor que "se había de presentar en forma de cobra, e que habería de subir por el arriba, pero que, se non tiña medo, non lle pasaría nada e que o faría feliz.Centro de Estudios Fingoy (1979): Contos populares da provincia de Lugo. Vigo: Galaxia. ISBN 84-7154-196-3. No Castro Alegre (Salvaterra de Miño, Pontevedra), un pequeno pastor tenlle que dar a unha grande cobra que vivía no castro tan só unha cunca de leite para beber (e, por suposto, manter o tipo, sen asustarse) para que a moza na que se converte a cobra lle dea "un peite de ouro e moitas riquezas máis"·López Cuevillas (1929).

É moi interesante a asociación que se fai nestas lendas entre a muller encantada (a moura do castro) e a serpe. Esta asociación muller-serpe, segundo Mircea Eliade,Eliade, Miurecea (1970): Tratado de historia de las religiones , 2ª ed. Madrid: Ediciones Cristianas. ISBN 84-7057-161-X. está testemuñada en Europa desde o neolítico e a serpe sempre é, nestes casos, o símbolo do infrahumano, do extra cultural. Mediante o esforzo ou a valentía dun home, transfórmase na súa antítese, de serpe noxenta a moza fermosa, do infrahumano ao humano.