Ronin é un filme estadounidense de acción dirixido por John Frankenheimer que se estreou en 1998. Estreouse en galego na TVG o 4 de marzo de 2010.

Sinopse Ó igual que os samurai sen honra do Xapón, chamados Rōnin, en Europa abundan os expertos en perigosas operacións secretas que venden os seus servizos ó mellor poxador. Estes mercenarios limítanse a cumprir a misión que lles encomendaron, pero ignoran para quen traballan e cales son os verdadeiros obxectivos da súa actividade. Neste caso, só saben que deben facerse cunha misteriosa maleta.

Personaxes Robert De Niro como Sam Jean Reno como Vincent Jonathan Pryce como Seamus O'Rourke Natascha McElhone como Deirdre Stellan Skarsgård como Gregor Sean Bean como Spence Skipp Sudduth como Larry Michael Lonsdale como Jean-Pierre Jan Tříska como Dapper Gent Féodor Atkine como Mikhi Katarina Witt como Natacha Kirilova Bernard Bloch como Sergi

Produción O escritor David Mamet é visto nos créditos finais da película como "Richard Weisz", segundo se informa por mor dunha desilusión que el tivo debido a compartir o crédito con J. D. Zeik (o escritor orixinal). Segundo a produción, as contribucións de Mamet foron "menores, limitadas ao personaxe de Deirdre e a algunhas das escenas de Sam (Robert De Niro)". Segundo Frankenheimer, "Os créditos deberían dicir: Argumento por J. D. Zeik, Guión por David Mamet. Nós non tomabamos unha liña do guión de J.D. Zeik". Isto foi confirmado por unha copia do guión de Zeik amosando as súas contribucións menores.

O título é derivado do nome xaponés rōnin, usado para o samurai que non ten señor ao que servir, e cuxas motivacións son, en grande medida, de diñeiro e supervivencia en lugar da honra e o deber. Moitos dos personaxes da película son axentes desempregados que están á deriva á fin da guerra fría. A película fai referencia co nome Ronin á lenda xaponesa dos 47 rōnin, aludindo ás identidades dos protagonistas da película.

Ronin é notábel polas súas persecucións en coches, especialmente unha bastante longa a través das rúas e túneles de París, tanto é así que algunhas escenas requiriron até 150 especialistas. O traballo realizado nas persecucións con coches ten sido unha especialidade de Frankenheimer, que era un antigo piloto de carreiras, dende entón até a súa película filmada en 1966, Grand Prix. Aínda que as secuencias de acción eran a miúdo tomadas por un segundo director, Frankenheimer fíxoo todo el mesmo. Aínda que era consciente das moitas innovacións en efectos especiais dese entón, elixiu filmar estas secuencias de forma real, sen efectos especiais, para obter un maior nivel de autenticidade. De feito, en moitas das escenas a alta velocidade estiveron os actores nos vehículos. Skipp Sudduth fíxoo case todo conducindo el mesmo,Trivia for Ronin (1998). www.imdb.com. namentres que outros coches eran conducidos por especialistas co volante no lado dereito do vehículo e os choques eran realizados tamén por un especialista.

Os contidos da maleta nunca foron revelados (véxase MacGuffin). Mamet escribiu que el cría que a revelación deses detalles podería ser algo demasiado obvio, polo que o director deixou que os espectadores imaxinaran que é o que había dentro da maleta e responderan a resposta por eles mesmos. Esta é unha técnica que Mamet realizou constantemente nos seus filmes.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en AllMovie

Categoría:Filmes de 1998 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Metro-Goldwyn-Mayer Categoría:Filmes de United Artists Categoría:Filmes rodados en París Categoría:Filmes de 1998 con versión en galego