miniatura|Bautismo da raíña Lupa por Santiago Apóstolo. Fonte do Carme, Padrón. A Raíña Lupa, (tamén coñecida como Raíña Lopa, Raíña Luparia, Raíña Luca e Raíña Loba) é un personaxe da mitoloxía galega.
Lenda miniatura|Faro de Vigo do 24/7/1927. Alegoría de Camilo Díaz no Día de Galicia. Os touros da Raíña Lupa conducen os restos de Sant-Iago ao sagrado Libredón. miniatura|Mapa sobre a lenda xacobea da translación en Historia del Apostol de Iesus Christo Sanctiago Zebedeo de Mauro Castellá Ferrer (1610). Aparece no Códice Calixtino, no que se conta como en chegando os restos do apóstolo Santiago a Iria Flavia, son depositados na propiedade dunha señora chamada Lupa. Esta envíaos cabo do gobernador de Duio coa intención de que se desfaga deles, mais o gobernador non só non consegue tornalos de alí, senón que morre no intento.
Tempo despois volven os discípulos co corpo xunta de Lupa e esta, coa intención de enganalos por segunda vez, mándaos ó Monte Ilicino (o Pico Sacro) para que collan dous dos seus bois que lles carrexen o material necesario para o sepulcro. No Monte Ilicino hai unha cova que é a entrada do inferno e está custodiada por un dragón, mais a presenza da cruz fulmínao e os touros bravos que levaban os discípulos amansan milagrosamenteEladio Rodríguez atribúe a esta lenda a orixe do dito popular "Boi bravo, vente ó carro, que o manda o Señor Santiago" (Diccionario enciclopédico gallego-castellano, Galaxia, Vigo 1958-1961, s. v. boi)..
Lupa, ó coñecer que o seu plan fracasara, convértese ó cristianismo e axuda na construción da morada do apóstolo no Libredón.
Interpretación A súa figura esta suxeita a múltiplas interpretacións. Desde a que defende a creación do seu mito pola igrexa católica, até quen pensa que Lupa podería ser a representación dunha deusa precristiá, probablemente a versión feminina de Lug. En calquera caso documéntase a súa presenza ao longo dos séculos, de tal xeito que no medievo boa parte da aristocracia galega afirmaba descender dela.
Na música O 2 de xullo de 2016 estreouse no Teatro Colón da Coruña a ópera A Raíña Lupa, con música do compositor galego Fernando V. Arias e libreto de Xoán Pérez.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Mitoloxía galega Castro Lupario Libredón Premio Raíña Lupa Serra da Raíña Loba
Categoría:Mitoloxía galega