Gilbert Licudi é un avogado e deputado de Xibraltar, membro do Partido Socialista Laborista de Xibraltar (GSLP). Está casado e ten dous fillos.
Biografía Licudi estudou na Bayside Comprehensive School, onde foi contemporáneo de Peter Montegriffo e Dominique Searle. Pero deixou a escola aos 17 anos e comezou a traballar para Blands e GB Airways. Despois de casar, trasladouse en 1979 coa súa esposa a Inglaterra, onde traballou para a compañía aérea rusa Aeroflot no aeroporto de Heathrow.
En 1981 Licudi e esposa regresaron a Xibraltar, onde ele foi contratado polo Castle Marketing Group, de Joe Holliday. Neste momento tamén se afiliou ao GSLP, e despois das eleccións de 1984, foi invitado incorporarse á executiva do partido. Nesta época tamén comezou a escribir unha columna semanal no "The People".
Aos 28 anos, era membro da executiva do partido cando decidiu afastarse de Xibraltar, e estudar dereito en Chelmsford, Anglia Oriental. Concluíu os seus estudos en Londres, na Inns of Court Law School e foi admitido como avogado en 1992, en Londres e en Xibraltar.
Licudi fixo carreira na firma de advocacia Hassans International Law Firm, onde traballou con Peter Montegriffo. Neste momento, volveu á política, disposto a levar a súa experiencia de resolución de conflitos en favor das mudanzas políticas que xulgaba necesarias acerca de Xibraltar.
En 2007, Licudi presentouse como candidato do GSLP nas eleccións xerais. Foi nomeado ministro na sombra para o Emprego, Tráfico, Xuventude e Deporte. En abril de 2011, cando Fabian Picardo tornouse líder do GSLP (e da oposición), Licudi foi nomeado Ministro de Educación, Servizos financeiros e transportes, e as áreas de Xuventude e Deportes foron transferidas a Steven Linares.
Coa vitoria do GSLP nas eleccións xerais de 2011, Licudi foi nomeado Ministro de Educación, Servizos Financeiros, Xogo, Telecomunicacións e Xustiza.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Gilbert Licudi - Páxina web oficial
Categoría:Avogados Categoría:Políticos de Xibraltar Categoría:Nados en Xibraltar