Terrence Alexander Jones, nado o 9 de xaneiro de 1992 en Portland, Oregón, é un xogador americano de baloncesto profesional.

Traxectoria profesional O 28 de xuño de 2012, Jones foi elixido polos Houston Rockets na 18ª posición do Draft da NBA de 2012. Durante a súa tempada de rookie, foi asignado en varias ocasións ós Rio Grande Valley Vipers da NBA Development League.

O 22 de xullo de 2016, Jones asinou cos New Orleans Pelicans. O 23 de febreiro de 2017, os Pelicans prescindiron de Jones tras a adquisición de DeMarcus Cousins.

O 4 de marzo de 2017, Jones asinou cos Milwaukee Bucks. Xogou tan só tres encontros cos Bucks antes de ser cortado polo equipo o 1 de abril de 2017.

O 18 de decembro de 2018, tras un breve paso pola liga chinesa, Jones foi adquirido polos Santa Cruz Warriors da NBA G League.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com Biografía en Kentucky

Categoría:Nados en 1992 Categoría:Nados en Portland, Oregón‎ Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Houston Rockets Categoría:Xogadores dos Houston Rockets Categoría:Xogadores dos New Orleans Pelicans Categoría:Xogadores dos Milwaukee Bucks Categoría:Xogadores dos Mets de Guaynabo Categoría:Xogadores dos Cariduros de Fajardo Categoría:Xogadores dos Leones de Ponce Categoría:Xogadores dos Piratas de Quebradillas