Prometheus é un filme estadounidense de ciencia ficción dirixido por Ridley Scott que se estreou no 2012. Foi escrito por Jon Spaihts e Damon Lindelof, e está protagonizado por Noomi Rapace, Michael Fassbender, Guy Pearce, Idris Elba, Logan Marshall-Green e Charlize Theron. Está ambientado a finais do século XXI e a historia céntrase na tripulación da nave espacial Prometheus, que está a seguir as indicacións dun mapa estelar descuberto en numerosas civilizacións antigas. Na procura da orixe da humanidade, a tripulación chega até un mundo distante e descobre unha ameaza que podería causar a extinción da raza humana.
A súa secuela, Alien: Covenant, foi estreada no 2017.
Sinopse Un grupo de científicos e exploradores emprende unha viaxe espacial a un remoto planeta, onde os seus límites físicos e mentais serán postos a proba. O motivo da misión é que os humanos cren que aló poderán atopar a resposta ás preguntas máis profundas e ó maior dos misterios: a orixe da vida na Terra.
Personaxes Noomi Rapace como Elizabeth Shaw Michael Fassbender como David Charlize Theron como Meredith Vickers Idris Elba como Janek Guy Pearce como Peter Weyland Logan Marshall-Green como Charlie Holloway Sean Harris como Fifield Rafe Spall como Millburn Emun Elliott como Piloto de nave Benedict Wong como Piloto de nave
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en AllMovie Ficha en Metacritic Ficha en RottenTomatoes Ficha en BoxOfficeMojo
Categoría:Filmes de 2012 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de 2012 en 3D Categoría:Filmes dirixidos por Ridley Scott Categoría:Filmes de 20th Century Fox Categoría:Filmes de Pinewood Studios Categoría:Filmes de Dune Entertainment Categoría:Filmes de Scott Free Productions Categoría:Filmes rodados en Surrey Categoría:Filmes rodados en Xordania Categoría:Filmes rodados en Buckinghamshire Categoría:Filmes rodados en Islandia Categoría:Filmes ambientados en Escocia Categoría:Filmes sobre relixión Categoría:Filmes sobre extraterrestres Categoría:Filmes ambientados en 2089 Categoría:Filmes ambientados en 2093 Categoría:Filmes ambientados en 2094 Categoría:Filmes distribuídos en sistemas IMAX