O Gran Premio do Reino Unido de 1961 foi unha carreira de automobilismo de Fórmula Un, celebrada o 15 de xullo de 1961 no circuíto de Aintree, Liverpool, Inglaterra. Foi a quinta carreira do Campionato do Mundo da tempada de de Fórmula Un.

Informe

Logo dun fin de semana húmido, con choivas torrenciais na cualificación e no inicio da carreira, o Gran Premio foi dominado finalmente por Scuderia Ferrari, cos seus pilotos que fixeron pleno no podio. A carreira foi gañada polo alemán Wolfgang von Trips, quen liderara durante gran parte da carreira logo de saír desde a cuarta posición. Esta foi a segunda e última vitoria de von Trips nun Gran Premio, dúas carreiras máis tarde morreu nun accidente durante o Gran Premio de Italia de 1961. O gañador da pole position, Phil Hill logrou o segundo lugar, no seu camiño para gañar o campionato do mundo de pilotos ao final da tempada, e o terceiro lugar foi para o seu compatriota estadounidense Richie Ginther .

O GP de Gran Bretaña 1961 tamén pasou á historia por ser a primeira ocasión en que participou un coche con tración ás catro rodas, e o último no que un coche con motor dianteiro inscribiuse nunha carreira do Campionato do Mundo. Estes dous logros foron alcanzados polo mesmo vehículo: o experimental Ferguson P99 - Climax do equipo Rob Walker Racing Team. Aínda que o coche foi descualificado por recibir asistencia na pista, en mans de Stirling Moss, que se fixo cargo do coche de Jack Fairman logo de que a seú Lotus falláranlle os freos, mostrou certa promesa de futuro. Desafortunadamente para Moss, o GP de Gran Bretaña de 1961 marcou tamén a última ocasión na que o heroe local correría un Gran Premio en casa, xa que retirouse da Fórmula 1 logo dun accidente durante unha carreira fóra de campionato antes da tempada de .

Clasificación

Pos Nº Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos 1 4 Wolfgang von Trips Ferrari 75 2:40:53.6 4 9 2 2 Phil Hill Ferrari 75 +46.0 segs 1 6 3 6 Richie Ginther Ferrari 75 +46.8 segs 2 4 4 12 Jack Brabham Cooper-Climax 75 +1:08.6 9 3 5 8 Jo Bonnier Porsche 75 +1:16.2 3 2 6 36 Roy Salvadori Cooper-Climax 75 +1:26.2 13 1 7 10 Dan Gurney Porsche 74 +1 volta 12 8 14 Bruce McLaren Cooper-Climax 74 +1 volta 14 9 22 Tony Brooks BRM-Climax 73 +2 voltas 6 10 16 Innes Ireland Lotus-Climax 72 +3 voltas 7 11 42 Masten Gregory Cooper-Climax 71 +4 voltas 16 12 60 Lorenzo Bandini Cooper-Maserati 71 +4 voltas 21 13 50 Tony Maggs Lotus-Climax 69 +6 voltas 24 14 44 Ian Burgess Lotus-Climax 69 +6 voltas 25 15 54 Keith Greene Gilby-Climax 69 +6 voltas 26 16 56 Carel Godin de Beaufort Porsche 69 +6 voltas 18 17 52 Wolfgang Seidel Lotus-Climax 58 +17 voltas 22 Ret 18 Jim Clark Lotus-Climax 62 Fuga aceite 8 DSC 26 Jack Fairman Stirling Moss Ferguson-Climax 56 Descualificado 20 Ret 32 Lucien Bianchi Lotus-Climax 45 Caixa de cambios 30 Ret 28 Stirling Moss Lotus-Climax 44 Freos 5 Ret 20 Graham Hill BRM-Climax 43 Motor 11 Ret 58 Giancarlo Baghetti Ferrari 27 Accidente 19 Ret 48 Tony Marsh Lotus-Climax 25 Encendido 27 Ret 34 John Surtees Cooper-Climax 23 Diferencial 10 Ret 38 Tim Parnell Lotus-Climax 12 Embrague 29 Ret 46 Jackie Lewis Cooper-Climax 7 Dirección 15 Ret 40 Gerry Ashmore Lotus-Climax 7 Encendido 26 Ret 30 Henry Taylor Lotus-Climax 5 Accidente 17 Ret 62 Massimo Natili Cooper-Maserati 0 Caixa de cambios 28 Ret 24 Olivier Gendebien Emeryson-Maserati Coche non listo

Posicións logo da carreira

Clasificación no campionato de pilotos PosPilotoPuntos 10px 1 Wolfgang von Trips 27 10px 2 Phil Hill 25 10px 1 3 Richie Ginther 16 10px 1 4 Stirling Moss 12 10px 5 Giancarlo Baghetti 9

Clasificación do campionato de construtores Pos Construtor Puntos 10px 1 Ferrari 38 10px 2 Lotus-Climax 16 10px 3 Porsche 11 10px 4 Cooper-Climax 9 10px 5 BRM-Climax 1

Notas: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.

Notas

Pole position: Phil Hill - 1:58.8 Volta rápida: Tony Brooks - 1:57.8 Líderes por volta: Phil Hill 6 voltas (1-6); Wolfgang von Trips 69 voltas (7-75). Ferrari gañou o campionato de construtores a falta de tres carreiras. Primeira carreira do Campionato do Mundo de Fórmula Un para Gerry Ashmore. O coche 26, pilotado por Jack Fairman, foi descualificado por empuxalo para arrancar nos boxes.

Ligazóns externas

Categoría:Grandes Premios de Fórmula 1 de 1961 Categoría:Gran Premio do Reino Unido de Fórmula 1