El Radical foi un semanario editado en Vigo en 1896.
Traxectoria Apareceu en outubro de 1896. De tendencia republicana, estaba dirixido por José Quintas da Vila e editouse nos obradoiros de Cedeira e Fariña. Cesou co número 11 nese mesmo ano. Sucedeuno La Defensa.
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Pontevedra
Categoría:Prensa escrita de Vigo Categoría:1896 en Galicia