Redención Marítima foi un periódico aparecido en Vigo en 1931.
Historia e características Apareceu en xuño de 1931 como continuación de ¡Despertad!. Publicación decenal, era o voceiro do Sindicato de Industria Pesquera y sus Derivados (CNT). Estaba dirixido por Manuel Fandiño Ricart. Recolleu as preocupacións dos sindicatos marítimos de España e os seus movementos reivindicativos. Deixou de publicarse en decembro de 1931 e foi substituído por Mar y Tierra, voceiro da Federación Nacional de Industria Pesquera.
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Pontevedra
Categoría:Prensa escrita de Vigo Categoría:Prensa anarquista de Galicia Categoría:1931 en Galicia