O Vigo Foot-ball Club foi un equipo de fútbol da cidade de Vigo, fundado no ano 1905.
Traxectoria miniatura|dereita|Equipo do Vigo F.C. en 1912. miniatura|dereita|O Vigo na final de Copa de 1908. Vigo foi unha das cidades polas que entrou o fútbol na península, de man de mariñeiros e traballadores británicos. As primeiras demostracións do deporte foron por parte do equipo da empresa británica Eastern Telegraph Company que estaba instalando o cable telegráfico entre as illas e Vigo para dende alí conectar con Lisboa. Este equipo chamouse Exiles Foot-Ball Club e disputou varios encontros contra as tripulacións mercantes e militares británicas de paso polo porto vigués. Pronto se crearon os primeiros equipos mixtos entre galegos e británicos, como por exemplo o Petit FC.
Seguindo o exemplo de Barcelona, onde en 1899 se fundaron o FC Barcelona e o FC Catalá, en Vigo fundouse en 1905 o Vigo Foot-ball Club e o Fortuna Foot-ball Club. O Vigo F.C. vestiría unha camisa metade branca e metade vermella con pantalón branco, e xogaba no Campo de Coia. Foi fundado por un grupo de alumnos da Escola de Artes e Oficios liderados polo deportista Manuel Ocaña, que se converteu no primeiro presidente do club.
Dende as súas orixes foi o club referencia e absorbeu en 1906 ao New Club, formado pouco antes, consolidando un proxecto que o levou a disputar a final do Campionato de España en 1908 ante o Real Madrid, final que perdeu por 2-1.
En 1910 absorbeu ao Español FC e no ano 1911 planeouse a fusión co Sporting Club que se concretou en 1913, formando o Vigo Sporting Club, que tres anos despois recibiu o título de Real, pasando a ser o Real Vigo Sporting Club. Este á súa vez uniuse ao Real Club Fortuna de Vigo para dar lugar ao nacemento do Real Club Celta de Vigo no ano 1923.
Palmarés Subcampión da Copa do Rei: 1908 Subcampión do Concurso España: 1912 Campionato de Galicia (2): 1907-08, 1908-09 miniatura|Equipo do Vigo FC en 1908. De esquerda a dereita e de arriba a abaixo: Trotter, Douglas, Santos, Manuel Baraja, Larken, C. Werre, Quincho Yarza, Pepe Rodríguez, David Valcarce, Andrés Ocaña e Manuel Ocaña.Subcampión do Campionato de Galicia (3): 1905-06, 1906-07, 1911-12
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Historia do Celta de Vigo Campións do Campionato de Galicia