Heraldo Guardés foi un semanario editado na Guarda entre 1904 e 1935. Historia e características
Subtitulado Semanario independiente, apareceu o 15 de outubro de 1904.La Correspondencia Gallega, 19-10-1904, p. 2. Foi fundado por José Darse Sobrino, que era tamén o propietario, ao seu regreso da emigración. Darse creou unha imprenta propia na que se imprimía o periódico. Entre os seus colaboradores figuraron Guillermo Vicente, Francisco Rodríguez Otero, Manuel Álvarez Rivero, Serafín Carrera Fernández, Rafael Fernández Casas e Xoán Noya. De tendencias liberais republicanas, defensor do agrarismo e anticlerical, antiforal e anticaciquil. Identificouse plenamente co movemento agrario a partir do 30 de xaneiro de 1909, cando reiniciou a súa publicación, interrompida durante varios meses a consecuencia dun incendio o 20 de abril de 1908.Galicia Nueva, 2-2-1909, p. 3. Debido a esta vinculación e ás diversas campañas agraristas, foi considerado como o decano da prensa agrarista dos anos dez. Logo da morte do seu fundador cambiou a súa orientación e pasou a defender á dereita caciquil. Cesou a súa edición en 1935. Varios colaboradores de Darse continuaron a súa liña en Nuevo Heraldo.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas José Antonio Uris Guisantes "José Darse Sobrino e Heraldo Guardés" galiciasuroeste.info.
Categoría:Prensa escrita da Guarda Categoría:1904 en Galicia Categoría:Prensa anticaciquil Categoría:Prensa agraria Categoría:Prensa caciquil Categoría:Prensa anticlerical