Daniel Calzado Poceiro, nado en Tomiño en 1891 e finado en Buenos Aires o 11 de novembro de 1972, foi un xornalista e político galego.

Traxectoria En 1911 marchou a Buenos Aires, onde colaborou coa asociación de residentes de Tomiño. Uns anos antes da instauración da República retornou a Tomiño e participou na fundación de sociedades de agricultores, estando presente na Federación Agraria Municipal de Tomiño e na Federación Agraria de Tui. Foi director de El Agro de Tomiño. Tamén organizou e presidiu a Asociación La Aurora del Porvenir. Na República foi elixido concelleiro e primeiro tenente de alcalde de Tomiño en 1931 e despois da dimisión de Ramiro Moure Moure en outubro dese ano foi elixido alcalde. Dimitiu como alcalde en setembro de 1932,Vida Gallega, 30-9-1932, p. 44. e recibiu unha homenaxe o 17 de outubro.El Pueblo Gallego, 23-10-1932, p. 11. En decembro dese ano marchou a Buenos Aires.Galicia, 11-12-1932, p. 1.

En Buenos Aires e fundou varias organizacións políticas e culturais. Foi secretario do Comité tomiñense Pro-Autonomía Galega,Tribuna, 25-3-1934, p. 9. e colaborou en Tribuna. Participou no Consello de Galiza e na asemblea de 1965 foi elixido Presidente da Comisión de Finanzas. Ocupou varios cargos na Agrupación Celta do Centro Gallego de Buenos Aires.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas Biografía na Enciclopedia da Emigración Ficha en Galegos

Categoría:Políticos de Galicia Categoría:Alcaldes de Tomiño Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Nados en Tomiño Categoría:Nados en 1891 Categoría:Finados en 1972 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes