O Estadio de Atotxa era un estadio de fútbol da cidade de Donostia, no País Vasco. Foi o campo da Real Sociedad durante oitenta anos, o segundo da súa historia logo do de Ondarreta. Chegou a ter capacidade para 27.000 persoas.
Traxectoria Foi inaugurado no ano 1913 nun encontro contra o Athletic de Bilbao que rematou con empate a tres. Deixou de utilizarse en 1993 para ser demolido en 1999 para edificar vivendas de protección oficial. Como despedida celebrouse un amigábel entre a Real Sociedad e a Selección de fútbol de Euskadi.
Nel a Real Sociedad proclamouse campión das ligas de 1981 e 1982. A partir da tempada 1993/94 o equipo pasou a xogar no estadio de Anoeta.
Véxase tamén Ligazóns externas Grandes estadios:Atotxa
Atotxa Categoría:Deporte en Donostia Categoría:Real Sociedad