El Campesino foi un periódico publicado en Lavadores entre 1929 e 1932.

Historia e características Subtitulado Órgano del Sindicato de Agricultores de Teis, apareceu o 1 de xaneiro de 1929. Cambiou despois o seu subtítulo por Periódico quincenal agrario. Estaba dirixido por Constante Lorenzo Melón e o seu administrador era José Martínez Covelo. Entre os seus colaboradores figuraron Indalecio Tizón Reboreda, Manuel Gama Casalderrey, Manuel García Gómez, Leopoldo Varela Maristany, Joaquín Poza Juncal, Celso Núñez, Valentín Paz-Andrade, Roberto Blanco Torres, Juan Andrade Domínguez, Jaime Vera, Eduardo Torralba Beci e Jacinto Crespo. Estaba controlado pola facción do Sindicato próxima ao socialismo. Foi suspendido por orde do Gobernador militar a principios de xaneiro de 1931 por supostos ataques á relixión e desobedecer a censura.La Voz de Galicia, 7-1-1931, p. 8.La Libertad, 8-1-1931, p. 6. Volveu aparecer e aínda se publicaba en febreiro de 1932.El Pueblo Gallego, 25-2-1931, p. 6.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos El Campesino (1900) Lista de publicacións impresas da provincia de Pontevedra

Categoría:Prensa escrita de Vigo Categoría:Prensa agraria Categoría:1929 en Galicia