Manuel Posada Tapias, nado en Vigo o 2 de agosto de 1896, foi un futbolista galego máis coñecido como Manolo Posada, que xogaba na demarcación de dianteiro.
Traxectoria Comezou xogando no Real Club Fortuna de Vigo, pero os seus estudos en Madrid permitíronlle alternar o equipo vigués co Real Madrid.
Trala fusión do Fortuna co Real Vigo Sporting Club e o nacemento do Celta de Vigo en 1923 o dianteiro do Real Madrid volveu a Vigo para enrolarse nas filas no novo club.
O seu primeiro encontro oficial co Celta foi o segundo do Campionato de Galicia, na tempada 1923-24, fronte ao Unión Sporting Club de Lavadores e no que marcou 3 dos 7 goles que marcou o Celta (7-0). O Celta proclamouse Campión de Galicia sen sufrir ningunha derrota.
Porén foi a última tempada do xogador no Celta, xa que abandonou o fútbol e pasou a formar parte da directiva do club.
Tamén formou parte da Selección de fútbol de Galicia en varias ocasións, como por exemplo o encontro internacional ante a Selección de Lisboa o 27 de maio de 1923.
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Futbolistas de Vigo Categoría:Xogadores do Real Club Fortuna de Vigo Categoría:Xogadores do Real Madrid CF Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Galicia Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1896 Categoría:Xogadores do Celta de Vigo internacionais coa selección de fútbol de Galicia Categoría:Finados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes