Luis Pedro Vaccaro, nado o 6 de novembro de 1898 en Buenos Aires, foi un futbolista arxentino que xogaba na demarcación de centrocampista.
Traxectoria Comezou a súa carreira futbolística no San Lorenzo, debutando o 10 de abril de 1921. En 1923 foi traspasado ao Argentinos Juniors.
No ano 1925 foi cedido ao Boca Juniors para competir na xira que o equipo xeneize realizou por Europa ese ano. Nesta xira disputou 15 encontros, todos de titular.
Ao seu regreso de Europa competiu en dous campionatos nacionais paralelos, un con Argentinos Juniors e outro con San Lorenzo co que disputou un encontro.
Tamén viviu a primeira tempada oficial da Liga Arxentina de Fútbol, na que se abandonaron definitivamente os equipos afeccionados.
Coa Selección de fútbol da Arxentina debutou o 30 de setembro de 1923 en Montevideo ante o Uruguai. Con ela xogou un total de 17 encontros e proclamouse campión da Copa América de 1925, celebrada na Arxentina.
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha do xogador Ficha do xogador coa selección
Categoría:Xogadores do Argentinos Juniors Categoría:Xogadores do CA San Lorenzo de Almagro Categoría:Xogadores da selección de fútbol da Arxentina Categoría:Xogadores do CA Boca Juniors Categoría:Futbolistas da Arxentina Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Futbolistas gañadores da Copa América Categoría:Nados en Buenos Aires Categoría:Nados en 1898