The Daily foi un periódico xeneralista en lingua inglesa estadounidense deseñado especialmente para o iPad, o segundo totalmente dixital despois de The Project de Richard Branson. Pertencía a News Corporation e pretendía ser exclusivamente dixital, diferenciándose dos xornais en papel pola potenciación de contidos interactivos.

Traxectoria Aínda que, orixinalmente, o lanzamento estaba previsto para o 19 de xaneiro de 2011 en San Francisco, o inicio da súa publicación foi adiado por News Corporation e Apple até o 2 de febreiro de 2011 no Museo Solomon R. Guggenheim en Nova York. O acceso a un único número custaba 14 centavos de dólar e existía unha subscrición semanal que custaba 0,99 dólares mentres a anual era de 39,99 dólares.

En xullo de 2012, a revista foi colocada baixo a análise polos malos resultados económicos que ofrecía, pois a pesar de que conseguiu máis de 100.000 subscricións de pagamento, a revista perdeu no primeiro trimestre uns 10 millóns de dólares, que xunto aos 30 millóns de custe da súa creación, supuña máis de 40 millóns.

O 3 de decembro de 2012, News Corporation anunciou que o periódico remataría as súas operacións o 15 de decembro como parte dun proceso de reorganización de News Corporation.​ O xerente do grupo, Ruperte Murdoch afirmou que o xornal dixital "non puido atopar unha audiencia o suficientemente grande como para nos convencer de que o modelo de negocio fose podía ser sostible a longo prazo".

A partir de entón o seu enderezo web redirixe cara ao sitio do New York Post.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas www.thedaily.com

Categoría:Xornais dos Estados Unidos de América Categoría:Xornais electrónicos Categoría:Xornais en lingua inglesa Categoría:Xornais desaparecidos