Louis Hon Antonin, nado o 11 de setembro de 1924 en Couches-les-Mines e finado o 5 de xaneiro de 2008 en Saint-Raphaël, foi un futbolista e adestrador de fútbol francés. Xogaba de defensa e foi internacional coa selección francesa. Entre outros equipos, adestrou o Celta de Vigo e o Pontevedra CF.
Traxectoria Como futbolista Formouse en equipos afeccionados coma o Sentinelle de Brienon e comezou a xogar profesionalmente despois da segunda guerra mundial no Stade Français Football, de onde pasou en 1953 ao Real Madrid, porén despois de tres tempadas volveu ao Stade Français, para rematar retirandose no Stade Raphaelois. Foi o primeiro futbolista francés en xogar no Real Madrid
Como adestrador Comezou a súa traxectoria na Liga Española ao debutar no Real Jaén, e pasou logo por equipos coma o Racing de Santander e o Real Zaragoza. Foi o último técnico que dirixiu ao Pontevedra CF en Primeira División. Tamén dirixiu ao Celta de Vigo en Segunda División en 1961, tendo como segundo a Pepe Villar, porén foi cesado na segunda parte do campionato e substituído por Aretio.
A segunda parte da súa carreira como técnico desenvolveuna en Francia, sobre todo destaca o Olympique Lyonnais co que gañou a Copa de Francia e foi finalista da Copa de Europa.
Palmarés Como adestrador Zaragoza Copa do Xeneralísimo: 1965–66
Lyon Copa de Francia: 1966–67
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Nados en 1924 Categoría:Finados en 2008 Categoría:Nados no departamento de Saona e Loira Categoría:Futbolistas de Francia Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Stade Français FC Categoría:Xogadores do Real Madrid CF Categoría:Adestradores de fútbol de Francia Categoría:Adestradores do Celta de Vigo Categoría:Adestradores do Pontevedra CF Categoría:Adestradores do Real Zaragoza Categoría:Adestradores do Racing de Santander Categoría:Adestradores do Real Jaén Categoría:Adestradores do Real Betis Balompié Categoría:Adestradores do Olympique Lyonnais Categoría:Adestradores do FC Lorient Categoría:Adestradores do Real Madrid Castilla Categoría:Adestradores do Angers SCO Categoría:Adestradores do AC Ajaccio Categoría:Adestradores do Olympique Avignonnais