miniatura|Rexións do antigo Principado de Moldova repartidas nos estados modernos. miniatura|O edificio lexislativo en Tiráspol cunha estatua de Lenin diante do mesmo. miniatura|Casa do Concello en Tiráspol. Transnistria (nalgúns casos escrito como "Transdniéster", "Transdniestria" ou "Cisdniéster") é un territorio separatista de Moldova situado principalmente entre o río Dnister e a fronteira oriental da República Moldova con Ucraína. Desde a súa declaración de independencia en 1990 e, especialmente despois da Guerra de Transnistria en 1992, é gobernada como a República Moldova Pridnestroviana (RMP), tamén coñecida como "Pridnestrovia"), un Estado non recoñecido que reclama o territorio ao leste do río Dnister, a cidade de Bender e as súas localidades circundantes situadas na beira oeste deste río. Moldova non recoñece a secesión e considera que os territorios controlados poa RMP son parte da rexión autónoma moldova de Stînga Nistrului (literalmente, "a ribeira esquerda do Dnister"), oficialmente denominada Unidade Territorial Autónoma Transistria, cun status xurídico especial.

Tras da disolución da Unión Soviética, as tensións entre o goberno de Moldova e as autoridades do Estado separatista en Tiráspol culminaron nunha conflito militar que comezou en marzo de 1992 e concluíu por un alto o fogo en xullo de 1992. Como parte deste acordo, unha Comisión de Control Conxunta tripartita (Rusia, Moldova e Transnistria) supervisou as medidas de seguridade na zona desmilitarizada, comprendendo 20 localidades a ambos os lados do río. Pero aínda que se mantivo o alto ao fogo, o status político do territorio continúa sen resolverse: aínda que Transnistria non é internacionalmente recoñecida, é de feito un Estado independente,}, 2007Gerald Hinteregger, Hans-Georg Heinrich (editores), Russia — Continuity and Change, organizado como unha República presidencialista, co seu propio Goberno, Parlamento, exército, policía, sistema postal e moeda. As súas autoridades tamén adoptaron unha Constitución, bandeira, himno nacional e un escudo. Porén, tras un acordo entre Moldova e Ucraína en 2005, todas as empresas de Transnistria que traten de exportar mercadorías a través da fronteira con Ucraína deben estar rexistradas en Moldova.Misión de asistencia fronteiriza da Unión Europea en Moldova e Ucraína (EUBAM) , novembro de 2007 Este acordo implementouse despois de que a Misión de asistencia fronteiriza da Unión Europea en Moldova e Ucraína (EUBAM) iniciara a súa actividade en 2005. A maioría dos transnistrios son cidadáns da República Moldova,<ref>Der n-tv Atlas. Die Welt hinter den Nachrichten. Bertelsmann Lexikon Institut. 2008. páxina 31</ref> pero tamén hai moitos con cidadanía rusa e ucraína.

Transnistria é ás veces comparada con outras zonas de conflito postsoviéticas conxeladas, como Nagorno-Karabakh, Abkhazia e Osetia do Sur (precisamente, os únicos estados que recoñecen a Transnistria.OSCE: De Gucht Discusses Montenegro Referendum, Frozen Conflicts, GlobalSecurity.org, Radio Free Europe/Radio Liberty, May 2006Vladimir Socor, Frozen Conflicts in the Black Sea-South Caucasus Region , IASPS Policy Briefings, 1 de marzo de 2004 Os dous últimos, ademais de recoñeceren a Transnistria como un Estado independente, estableron relacións diplomáticas con ela a cambio do seu recoñecemento a través da Comunidade para a Democracia e os Dereitos das Nacións.

Historia

Na alta Idade Media a rexión estaba poboada polas tribos eslavas dos uliches e os tíveros e ás veces por nómades túrquicos como os pechenegos e os cumanos. Formou parte do Rus de Kiv en varias ocasións, e foi parte integrante da Union de Lublin. A zona pasou a estar baixo o control do Imperio Otomán en 1504 e case tres séculos despois, en 1792, foi cedida ao Imperio Ruso. Nese tempo, a poboación estaba composta maioritariamente por moldovos-romaneses e eslavos, existindo ademais unha poboación nómade tártara.

O final do século XVIII marcou a colonización rusa e ucraína da rexión, coa intención de defender o que naquel entón era a fronteira suroccidental do Imperio ruso.

Século XX Tras a Revolución rusa, a rexión formou parte do Territorio Moldovo Autónomo na República Socialista Soviética de Ucraína. A poboación moldovo-falante continuaba formando unha parte importante da poboación, e nas escolas impartíanse clases de lingua moldova (romanés).

Durante a segunda guerra mundial foi anexionada á Romanía do Eixe. Entre decembro de 1941 e febreiro de 1942, en Transnistria foron asasinados polas tropas romanesas máis de 100 000 xudeus.

Desde o principio das hostilidades na fronte oriental, Romanía controlaba o territorio situado entre os ríos Dnister e Bug, chamado Transnistria. Durante meses os soldados romaneses participaron activamente na limpeza étnica sobre os civís xudeus organizada polas Waffen-SS. Pero coa evolución da guerra en contra dos intereses alemáns, os romaneses adoptaron unha posición menos comprometida.

Despois da segunda guerra mundial, Transnistria incluíuse, xunto coa Besarabia, na República Socialista Soviética de Moldova, mentres que a Besarabia meridional quedou incluída na República Socialista Soviética de Ucraína.

Na década de 1940, as autoridades soviéticas deportaron poboación romanesa de Transnistria cara a Siberia e Kazakhstán, acusados colaboren co exército alemán e os seus aliados romaneses durante a guerra, sendo substituídos por ucraínos e rusos. Á maioría dos romaneses permitíuselles retornar en 1950, durante o proceso de desestalinización.

Naquela época a maior parte das inatalacións industriais da República Socialista de Moldova estaban situadas en Transnistria, mentres que o resto do país continuaba cunha economía baseada na agricultura. En 1990 o 40 % do PIB de Moldova e o 90 % da súa produción eléctrica correspondían a Transnistria.

O 14º Exército soviético estivo acantoado alí desde 1956, e a súa presenza prolongouse até despois da descomposición da Unión Soviética para controlar os arsenais de armas e munición creados en tempos soviéticos para posíbeis operacións no sueste de Europa en caso dunha Terceira Guerra Mundial. Rusia aínda está en negociacións con Transnistria e Ucraína co fin de obter dereito de tránsito para transportar o material militar.

A Guerra do Dnister En 1989, a República Moldova, cuxa capital é Chișinău, proclamou o moldovo como lingua oficial do país, e comezaron algunhas negociacións para a reunificación con Romanía. Os eslavos da ribeira oriental do río Dnister proclamaron a República Moldova do Transniéster (PMR, das súas siglas en ruso) o 2 de setembro de 1990, e estalou unha guerra civil en 1992 que causou aproximadamente 1.500 mortes. A guerra rematou tras o alto ao fogo negociado por representantes moldovos, transnistrios, rusos e ucraínos.

Á parte do acordo de alto ao fogo, oficializouse a presenza do 14º Exército ruso na zona. Os moldovos considérano un elemento supostamente non-neutral, cando non hostil; para os transnistrios é unha garantía de protección necesaria e xusta. Porén, o goberno moldovo non ten actualmente ningunha capacidade de control sobre a rexión.

A pesar que en 1994 chegouse a un acordo con Moldova para a retirada das tropas rusas de Transnistria, aínda non foi ratificado pola Duma rusa, nin parece existir vontade rusa para cumprilo.

O 17 de decembro de 2006 celebrouse un referendo que ratificou, de facto, a independencia de Transnistria. A opción independentista colleitou o 97,2 % de votos.

Crise de 2004 A Autoridade Transnistria comezou a pechar colexios que usaban o idioma moldovo en grafías latinas, e varios profesores e pais que protestaron a medida foron detidos. O goberno moldovo decidiu decretar un bloqueo para illar a zona rebelde do resto do país. Transnistria respondeu cunha serie de actos destinados a desestabilizar a situación económica en Moldova: ao estar a maioría de plantas de enerxía construídas en Transnistria durante os tempos soviéticos, a crise xerou cortes de enerxía en varias zonas de Moldova.

Actualmente a OSCE está negociando unha solución para a situación.

Status político Transnistria está recoñecida internacionalmente como unha parte da República Moldova, aínda que está controlada polo goberno separatista, que declarou a independencia en 1990. Unicamente a República de Abkhazia, a República de Osetia do Sur e a República de Nagorno-Karabakh (tres estados sen recoñecemento maioritario dentro da comunidade internacional) recoñecen a independencia de Transnistria.Georgia: Russia moves to recognize South Ossetia, Abkhazia (en inglés) .

Entre 300 000 e 400 000 cidadáns (a maioría da poboación) adquiriron pasaportes moldovos en 2007, xa que ningún Estado recoñece a documentación emitida polas autoridades de Transnistria.Nearly 400 thousand transnistrians have Moldovan passports Rusia abriu un consulado en Tiráspol, contra a vontade de Moldova.THE EASTERN CHALLENGE: IS TRANSNISTRIA THE KEY TO THE CAUCASUS?

Política miniatura|Transnistria continúa utilizando simboloxía soviética.

Transnistria ten un sistema multipartidista cun parlamento unicameral, chamado Consello Supremo de Transnistria, formado por 43 membros electos mediante representación proporcional. O presidente é elixido polo voto popular para un mandato de cinco anos.Parliament of the Pridnestrovian Moldavian Republic

Igor Smirnov, ex funcionario da República Socialista Soviética de Moldova, foi o xefe de Estado desde 1991 até 2011.Sanctions against Transnistria (Republic of Moldova) Nas eleccións celebradas o 10 de decembro de 2006, obtivo o 82,4 % dos votos. Algúns observadores internacionais que supervisaron as eleccións declararon que os comicios foron libres e democráticos.http://pridnestrovie.net/observers.html

O principal partido político é República, de tendencia fortemente nacionalista, sendo o único partido gobernou o país. As principais forzas de oposición son o Partido Comunista de Transnistria (de ideoloxía marxista-leninista) e Renovación (de tendencia conservadora).

A pesar de continuar utilizando simboloxía soviética, como a fouce e o martelo na bandeira e no escudo nacional, o goberno afirma non ser comunista, enfatizando que os dous principais partidos políticos móstranse favorábeis ao desenvolvemento dunha economía de mercado coa participación de empresas privadas.

Yevgeny Shevchuk é o actual xefe de Estado, logo de obter o 38,5 % dos votos na primeira volta das eleccións celebradas o 11 de decembro de 2011 e o 73,8 % dos sufraxios na segunda volta o 25 de decembro. Asumiu o cargo o 30 de decembro de 2011.

Dereitos humanos A situación dos dereitos humanos na rexión foi criticada por varios gobernos e organizacións internacionais. No seu informe anual correspondente a 2008, a organización conservadora estadounidense Freedom House cualificou a Transnistria como un territorio "non libre".Freedom House: Country Report

De acordo co informe de 2006 presentado polo Departamento de Estado estadounidense, "o dereito dos cidadáns a cambiar de goberno foi restrinxido; as autoridades aplican a tortura, promoven arrestos e detencións ilegais, ademais de limitar a liberdade de expresión, a liberdade de prensa e impedir o rexistro de grupos relixiosos minoritarios"; Ademais, agrega que "a rexión é unha zona propicia para o tráfico de persoas", sinalando que "a homosexualidade é ilegal, e os gays e lesbianas están suxeitos á discriminación gobernamental e social".Country Reports on Human Rights Practices

Xeografía miniatura|Río Dnister en Tiráspol.

Transnistria non ten saída ao mar, pero si ten fronteiras con Besarabia (é dicir, o resto de Moldova) ao oeste (411 km) e con Ucraína (405 km) ao leste. Trátase dun estreito val que se estende en dirección norte-sur ao longo da beira do río Dnister, que forma unha fronteira natural ao longo da súa maior parte, lindeiro co resto de Moldova. Tiráspol, a capital e a cidade máis grande de Transnistria, ten arredor de 160 000 habitantes.