O Sydney Cricket Ground, popularmente coñecido polo seu acrónimo SCG, é un recinto deportivo da cidade australiana de Sydney, a capital do estado de Nova Gales do Sur. Emprégase para disputar encontros de crícket e fútbol australiano, de xeito que o terreo de xogo non é rectangular senón elíptico, cunha lonxitude de 153 metros no seu eixo maior. A capacidade das bancadas é de 43.649 asentos.

A súa construción comezou en 1848 e foi inaugurado en 1851. Durante as súas primeiras décadas de existencia pertenceu ó exército británico e acolleu principalmente encontros de crícket entre soldados e eventos de equitación. Coa chegada do século XX tamén foi empregado para celebrar encontros de tenis, fútbol, rugby union, rugby league, béisbol, fútbol australiano e probas de ciclismo e atletismo.

Na actualidade o SCG é o fogar dos Sydney Swans de fútbol australiano (campións da AFL en 2005 e 2012), e dos equipos representativos de crícket do estado de Nova Gales do Sur: os NSW Blues de crícket clásico e os Sydney Sixers na disciplina Twenty20.

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial do SCG

Categoría:Deporte en Australia Categoría:Estadios de crícket Categoría:Estadios de fútbol australiano Categoría:Deporte en Sydney Categoría:Australian Football League