A Unión Vecinal de Trinidad, alcumado El Comunitario, é un equipo de hóckey a patíns da cidade de Rawson, San Juan (Arxentina). A entidade foi fundada o 4 de abril de 1935, aínda que as actividades de hóckey a patíns non comezaron ata 1974. Actualmente compite na máxima categoría do hóckey a patíns arxentino, a Liga Nacional A1, competición que gañou en 3 ocasións. Trátase do único equipo arxentino que conta cun título da Copa Intercontinental, conseguido en 1986 tras derrotar ao FC Barcelona en dobre partido por 5-3 e 5-4, sendo os dous marcadores favorables aos comunitarios. Ten equipos nas categorías masculina e feminina.
Palmarés 3 Liga Nacional A1: 1995, 2002 e 2003 6 Campionato Sudamericano: 1984, 1987, 1990, 1997, 1998 e 2004 9 Campionatos de San Juan: 1983, 1984, 1985, 1986, 1989, 1990, 1993, 1994 e 1995 1 Copa Intercontinental: 1986
Véxase tamén
Ligazóns externas UVT en www.mundook.net UVT en www.radiopatinando.com.ar
Categoría:Equipos de hóckey a patíns da Arxentina