miniatura|Terraza no edificio do museo de Escocia. A terraza, azotea, eirado ou airado é a parte chá situada no alto dun edificio, cubríndoo total ou parcialmente. Adoita permitirse o acceso a ela para se asomar, tender a roupa ou colocar antenas. En edificios especialmente altos e grandes pode atoparse incluso un heliporto ou repetidores da televisión.mundoplus.tv - ¿Qué necesito para recibir la TDT?

Moitas terrazas foron transformadas en xardíns, chamados teitos ou cubertas verdes (roof gardens).

Por extensión, tamén se denomina terraza á parte dunha cafetaría ou dun bar situada na beirarrúa ou nunha praza.

Galicia A diferenza da arquitectura mediterránea ou de climas calorosos, a casa popular galega non posúe terrazas chás, xa que a abundancia de choivas requiría a construción dunha cuberta sempre inclinada, reservando os espazos abertos a balcóns, patíns, solainas e corredores. Hoxe atopamos terrazas nos edificios das principais cidades galegas. Cómpre ter unha boa impermeabilización para evitar infiltracións de auga.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Balcón Faiado Fachada Terraza fluvial Terraza (xeoloxía) Socalco Teito verde

Categoría:Tellados