Leandro Mateus Barbosa, nado en São Paulo o 28 de novembro de 1982, é un ex xogador profesional brasileiro de baloncesto. Xogaba nas posicións de escolta e base e representou á selección brasileira.
Traxectoria Barbosa foi seleccionado na 28ª posición do Draft da NBA de 2003 polos San Antonio Spurs, pero os seus dereitos foron adquiridos polos Phoenix Suns nun traspaso a cambio dunha futura elección protexida de primeira rolda. Barbosa posúe o marca máis alta dos Suns de puntos anotados por un rookie no seu primeiro partido coma titular, con 27 puntos o 5 de xaneiro de 2004 contra os Chicago Bulls. Tamén posué o récord de triplas anotadas por un rookie en partidos consecutivos, cando anotou polo menos unha tripla durante dez partidos seguidos dende o 2 de xaneiro ó 19 de xaneiro.
Durante a tempada 2006-07, Barbosa acadou 18.1 puntos, 2.7 rebotes, 4.0 asistencias e 32.7 minutos por partido, malia saír dende o banco. Isto fíxolle ser elixido Sexto Home da Tempada da NBA.
O 20 de febreiro de 2009, anotou 41 puntos, a anotación máis alta da súa carreira, contra os Oklahoma City Thunder.
Despois sería traspasado ós Toronto Raptors xunto a Dwayne Jones a cambio de Hedo Türkoğlu. Durante a súa estancia en Toronto, Barbosa aumentou a súa anotación con respecto á súa derradeira tempada en Phoenix. Durante a tempada 2011-12, foi traspasado ós Indiana Pacers a cambio dunha futura elección de segunda rolda do Draft. Alí se reuniu co seu antigo compañeiro nos Suns Louis Amundson, e os dous axudaron a Indiana a chegar á segunda rolda dos playoffs onde perderon contra os Miami Heat.
O 18 de outubro de 2012, Barbosa asinou cos Boston Celtics.Celtics sign Barbosa
O 21 de febreiro de 2013, Barbosa foi traspasado ós Washington Wizards xunto a Jason Collins a cambio de Jordan Crawford.
O 14 de setembro de 2020, Barbosa anunciou a súa retirada coma xogador profesional.Leandro Barbosa retires, returns to Warriors as player mentor coach
Estatísticas NBA Tempada regular Tempada Equipo PX MIN %TC %3P %TL REB ASIS ROUB TAP PTS 2003-04 Phoenix 70 21.4 .447 .395 .770 1.8 2.4 1.3 0.1 7.9 2004-05 Phoenix 63 17.3 .475 .367 .797 2.1 2.0 0.5 0.1 7.0 2005-06 Phoenix 57 27.9 .481 .444 .755 2.6 2.8 0.8 0.1 13.1 2006-07 Phoenix 80 32.7 .476 .434 .845 2.7 4.0 1.2 0.2 18.1 2007-08 Phoenix 82 29.5 .462 .389 .822 2.8 2.6 0.9 0.2 15.6 2008-09 Phoenix 70 24.4 .482 .375 .881 2.6 2.3 1.2 0.1 14.2 2009-10 Phoenix 44 17.9 .425 .324 .877 1.6 1.5 0.5 0.3 9.5 2010-11 Toronto 58 24.1 .450 .338 .796 1.7 2.1 0.9 0.1 13.3 2011-12 Toronto 42 22.5 .436 .360 .835 1.9 1.5 0.9 0.2 12.2 2011-12 Indiana 22 19.8 .399 .424 .758 2.2 1.5 0.9 0.0 8.9 2012-13 Boston 41 12.5 .430 .383 .756 1.1 1.4 0.4 0.1 5.2 Total 629 23.8 .460 .391 .821 2.2 2.4 0.9 0.1 12.0
Playoffs Tempada Equipo PX MIN %TC %3P %TL REB ASIS ROUB TAP PTS 2004-05 Phoenix 12 9.7 .343 .400 .500 1.4 1.0 0.2 0.0 2.5 2005-06 Phoenix 20 31.6 .470 .391 .862 1.6 2.7 0.8 0.2 14.2 2006-07 Phoenix 11 31.7 .405 .305 .718 3.5 2.2 1.1 .2 15.8 2007-08 Phoenix 5 28.6 .345 .222 .909 4.0 1.8 0.6 0.0 10.4 2009-10 Phoenix 16 15.6 .417 .343 .708 1.3 1.3 0.3 0.1 7.2 2011-12 Indiana 11 20.3 .370 .150 .500 2.2 1.3 0.4 0.1 5.7 Total 75 22.9 .417 .322 .764 2.0 1.8 0.6 0.1 9.6
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Estatísticas en Basketball-Reference.com
Categoría:Nados en 1982 Categoría:Nados en São Paulo Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto olímpicos do Brasil Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos San Antonio Spurs Categoría:Xogadores dos Phoenix Suns Categoría:Xogadores dos Toronto Raptors Categoría:Xogadores dos Indiana Pacers Categoría:Xogadores dos Boston Celtics Categoría:Xogadores dos Golden State Warriors Categoría:Brasileiros de ascendencia africana Categoría:Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2012 Categoría:Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2016 Categoría:Adestradores asistentes dos Sacramento Kings