O Aberto de Australia (en inglés: Australian Open), tamén coñecido como Open de Australia, é un dos 4 torneos que forman parte do Grand Slam de tenis. Trátase do primeiro torneo importante da tempada, dispútase polo mes de xaneiro e ten lugar na cidade de Melbourne. Disputouse por vez primeira no ano 1905, xogándose sobre unha superficie de herba até 1988, ano no que pasou a xogarse sobre superficie dura.

As dúas pistas principais do complexo deportivo no que se disputa son o Rod Laver Arena e o Hisense Arena, ámbolos dous recintos con teito retráctil. Esta característica non se debe a unha necesidade provocada pola choiva, senón pola calor, pois o torneo lévase a cabo durante o verán austral, e as temperaturas poden acadar niveis moi altos.

Ó longo da súa historia tivo dúcias de gañadores, salientando na categoría masculina o australiano Roy Emerson con 6 títulos, na categoría feminina Margaret Smith con 11 títulos, na categoría de dobres masculina a parella John Bromwich-Adrian Quist, e na categoría de dobres feminina a parella Thelma Coyne Long-Nancy Wynne.

Campións Individual masculino. Individual feminino. Dobres masculino. Dobres feminino. Dobres mixto. Galería de imaxes

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial do Aberto de Australia Outros artigos Torneo de Roland Garros Campionato de Wimbledon Aberto dos Estados Unidos

Categoría:Open de Australia