miniatura|dereita|200px|Un dos dous únicos gravados que sobreviviron o Terremoto de Lisboa de 1755 e o incendio da Torre do Tombo: “Von dem Christeliche – Streyt, kürtzlich geschehe – jm. M.CCCCC.vj Jar zu Lissbona – ein haubt stat in Portigal zwischen en christen und newen chri – sten oder juden, von wegen des gecreutzigisten [sic] got.” (Da Contenda Cristiá, que recentemente tivo lugar en Lisboa, capital de Portugal, entre cristiáns e cristiáns-novos ou xudeus, polo Deus Crucificado”).

No masacre de Lisboa de 1506, tamén coñecido como o masacre de Pascua de 1506, unha multitude perseguiu, torturou e matou centos de persoas, acusadas de seren xudeus. Isto sucedeu antes do inicio da Inquisición e nove anos despois da conversión forzosa dos xudeus en Portugal, en 1497, durante o reinado de D. Manuel I.

Antecedentes Cerca de 93 mil xudeus refuxiáronse en Portugal nos anos que seguiron á súa expulsión de España en 1492 polos reis católicos. D. Manuel I mostrárase mais tolerante coa comunidade xudaica, pero, baixo o influxo español, tamén a partir de 1497, os xudeus foron obrigados a se converter ao cristianismo en Portugal, para non ser humillados e asasinados nas prazas públicas.

O masacre A historiografía sitúa o inicio do masacre no Convento de São Domingos de Lisboa, o día 19 de abril de 1506, un domingo, mentres os fieis rezaban polo fin da seca e da peste que asolaban Portugal, alguén xurou que viu no altar o rostro de Cristo iluminado, un fenómeno que, para os católicos presentes, só podía ser interpretado como unha mensaxe de misericordia do Mesías, un milagre.

Un xudeu que tamén participaba na misa tentou explicar que ese milagre era apenas o reflexo dunha luz, pero a multitude non lle fixo caso, e golpeouno ata a morte.

A partir disto, os xudeus da cidade que anteriormente xa eran vistos con desconfianza convertéronse no chibo expiatorio da seca, da fame e da peste: producíronse tres días de matanzas, incitadas por frades dominicanos que prometían absolución dos pecados dos últimos 100 días para quen matase os "herexes", e que xuntaron máis de cincocentas persoas incluíndo moitos mariñeiros de Holanda e doutras terras coas súas promesas.

A corte atopábase en Abrantes, onde se instalara para fuxir da peste, cando o masacre comezou. D. Manuel I puxérase de camiño a Beja, para visitar a súa nai. Foi avisado dos acontecementos en Avis, logo de ter mandando maxistrados para tentar por fin ao masacre. Mentres tanto, mesmo as poucas autoridades presentes foron interrogadas e, nalgúns casos, obrigadas a fuxir.

Como consecuencia disto, homes, mulleres e nenos foron torturados, masacrados, violados e queimados en fogueiras improvisadas no Rossio, xunto ao largo de São Domingos. Os xudeus foron acusados entre outros "males", de deicidio e de seren a causa da seca e da peste que asolaba o país. A matanza durou tres días, do 19 de abril ao 21 de abril, na Semana Santa de 1506, e só rematou cando mataron un cristián novo (pero non xudeu) que era escudeiro do rei, João Rodrigues Mascarenhas, que foi asasinado por un erro dos cidadáns exaltados, que pensaran que era un criptoxudeu e finalmente, chegaron as forzas reais para restaurar a orde.

Consecuencias miniatura|Epistola de victoria contra infideles habita, 1507 D. Manuel I penalizou os involucrados, confiscándolles as súas propiedades, e os dominicanos instigadores foron condenados a morte na forca. Hai tamén indicios de que o Convento de São Domingos foi pechado durante oito anos e sábese que os representantes da cidade de Lisboa foran expulsados do Conselho da Coroa (equivalente ao actual Conselho de Estado de Portugal), onde tiñan representación dende 1385, cando o rei D. João I lles concedeu ese privilexio polo seu apoio á súa campaña pola conquista do Trono portugués.

Despois do masacre, o clima de crecente antisemitismo en Portugal e do establecemento da Inquisición, que entrou en funcionamento en 1540, e durou ata 1821, moitas familias xudaicas fuxiron ou foron expulsas do país, tendo como destino principal os Países Baixos e, en menor medida, Francia, Turquía e o Brasil, entre outros.

Incluso ós expulsados da Península Ibérica, só se lles permitía deixar Portugal tralo pago dun "rescate" á Coroa. No proceso de emigración, os xudeus abandonaban as súas propiedades ou vendíanas por prezos irrisorios e viaxaban só coa equipaxe que podían levar.

O masacre na historiografía O Masacre de 1506 ficou na memoria colectiva, como un pedazo de historia esquecida que non aparece nos libros de historia, caeu no esquecemento e só uns poucos historiadores se refiren a ela. O horror e a violencia foron descritos e reproducidos por Damião de Góis, Alexandre Herculano, Oliveira Martins, Garcia de Resende, Salomon Ibn Verga e Samuel Usque.

Damião de Góis na «Chronica do Felicissimo Rey D. Emanuel da Gloriosa Memória» descríbea así:

Cidade da tolerancia dereita|miniatura|200px|Monumento en Lisboa en homenaxe aos xudeus mortos no masacre de Lisboa de 1506. Ese masacre é recordado hoxe por un monumento construído no Largo de São Domingos en homenaxe ao xudaísmo, este monumento foi inaugurado o 23 de abril de 2008. Este lugar é un punto de encontro tradicional de estranxeiros, principalmente africanos, con outro monumento en homenaxe ao catolicismo, e un muro onde a frase "Lisboa, cidade da Tolerancia" está escrita en 34 linguas.

Véxase tamén Bibliografía Yosef Kaplan: A Diáspora Judaico-Portuguesa: as Tribulações de um Exílio (dissertação). Jorge Martins: Portugal e os Judeus — Volume I, Dos primórdios da nacionalidade à Legislação Pombalina. Outros artigos Edicto de Granada de 1492 Ligazóns externas O Pogrom de Lisboa segundo Damião de Góis . O Masacre de 1506 de Lisboa . Comunidade Israelita de Lisboa . 500 Anos: O masacre de Lisboa IX .

Categoría:Masacres en Portugal Categoría:Historia de Portugal Categoría:1506