"End of a Century" é unha canción da banda inglesa de rock alternativo Blur, editada como derradeiro sinxelo do seu terceiro álbum, Parklife o 7 de novembro de 1994. O tema acadou o posto número 19 na lista británia de sinxelosCancións de Blur na lista británica de sinxelos.. O seu videoclip é unha actuación ao vivo gravada no Alexandra Palace.

A letra semella que enfatiza o (entón) cambio de milenio e o porque as persoas contemplan o futuro en vez de coidar o presente. Damon Albarn afirmou que "End of a Century" talvez non fose a mellor elección para o cuarto sinxelo do disco, e que "This Is a Low" podería ter sido a alternativa.

Listaxe de cancións CD "End of a Century" "Red Necks" "Alex's Song" (Alex James)

7" e casete "End of a Century" "Red Necks"

Notas

Categoría:Sinxelos de 1994 Categoría:Cancións de Blur