Ramón Gil Sequeiros, nado en Vigo o 16 de agosto de 1897 e finado na mesma cidade o 18 de xaneiro de 1965, foi un futbolista galego máis coñecido como Moncho Gil, que xogaba na demarcación de dianteiro. Foi medallista olímpico en 1920. Traxectoria Comezou a xogar no Real Vigo Sporting Club pero comezou a despuntar facendo o servizo militar, cando se organizou o primeiro campionato militar de fútbol de España. Para ese torneo o Rexemento de Infantaría Murcia destacado en Vigo fixo moi bo equipo ao contar con varios xogadores do Vigo Sporting Club e do Real Club Fortuna de Vigo. Tan ben o fixeron que chegaron á final, onde gañaron cun gran papel de Ramón, que marcou os dous goles da vitoria. miniatura|A cidade de Vigo ós seus atletas. Segundo os datos da Real Federación Española de Fútbol, o vínculo de Ramón Gil co fútbol en activo seguiu ata 1927, chegando a militar no Celta de Vigo catro tempadas dende a súa fundación en 1923. Foi internacional coa Selección de fútbol de Galicia e varias ocasións, entre elas o primeiro encontro do combinado galego, disputado o 19 de novembro de 1922 ante a Selección de Castela.

Tamén disputou coa Selección de fútbol de España os Xogos Olímpicos de 1920 realizados en Anveres (Bélxica), onde o combinado español obtivo a medalla de prata, disputou dous encontros, ante Holanda e Italia. El e Luis Otero Sánchez son os primeiros galegos en ser medallistas olímpicos.

Vida persoal

De familia con posibles, era fillo de Ramón Gil Vidal, cónsul de Haití e comerciante eminente da cidade de Vigo. Casou en 1923 con Aurora Curbera.

Notas

Categoría:Futbolistas de Vigo Categoría:Medallistas olímpicos de Galicia Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1897 Categoría:Finados en 1965 Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Real Vigo Sporting Club Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Galicia Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España Categoría:Medallistas olímpicos de prata por España Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1920 Categoría:Medallistas olímpicos en fútbol Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Futbolistas olímpicos de Galicia Categoría:Futbolistas nos Xogos Olímpicos de 1920