Antonio Quintana Peña, nado en Lugo en 1923 e finado en León o 24 de xuño de 2014,La Voz de Galicia, 27-8-2014, p. L2 foi un político galego.

Traxectoria Profesor de Ciencias do Instituto Masculino de Lugo. Foi alcalde do concello de Lugo entre 1965 e 1966. Foi procurador en Cortes en representación dos concellos da provincia de Lugo. Foi delegado do Ministerio de Información y Turismo en León (1968) e Valladolid (1975) e gobernador civil de León (1976). Presidente provincial de Coalición Democrática de León (1980), presentouse como candidato nas eleccións xerais de 1979.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha como Procurador en Cortes

Categoría:Alcaldes de Lugo Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Procuradores en Cortes galegos Categoría:Gobernadores civís de León Categoría:Nados en Lugo Categoría:Nados en 1923 Categoría:Finados en 2014 Categoría:Profesores do Instituto Masculino de Lugo Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes