O plátano oriental (Platanus orientalis), é unha grande árbore caducifolia da familia Platanaceae, amplamente distribuída e dunha longa vida.
Localización A súa área de distribución nativa inclúe polo menos Eurasia dende os Balcáns até o Irán. Algúns autores estenden a súa área de distribución dende a Península Ibérica polo oeste, até o Himalaia polo leste, pois é sabido que se cultiva dende épocas antigas en moitas destas rexións, sendo difícil de establecer se verdadadeiramente é indíxena. En Galicia non é nativa, atopando soamente a súa especie irmá e híbrida: [o plátano común.
Na Turquía chámanlles Çinar (chinar) e recibe o nome de Chenar no Irán e mais na India.
Adoita atoparse de xeito natural nas marxes dos ríos, xunto a especies coma os amieiros, salgueiros e lamagueiros. Porén, é aboslutamente capaz de ter unha sobrevivencia con éxito en solos secos unha vez que se establece.
A espora que produce esta árbore causa unha reacción alérxica frecuente.
Véxase tamén
Outros artigos Platanus Platanaceae Plátano común
Bibliografía Platanus orientalis 1998, World Conservation Monitoring
Ligazóns externas Usos da planta Imaxes de plátanos orientais en todo o mundo
orientalis Categoría:Flora de Asia Categoría:Flora da conca mediterránea