Michel Gérard Joseph Colucci, alias Coluche, nado en París o 28 de outubro de 1944 e finado preto de Cannes o 19 de xuño de 1986, foi un humorista francés e activista polos dereitos sociais. Foi candidato á Presidencia da República nas eleccións de 1981, e morreu nun accidente automobilístico.
Traxectoria Comezou no Café de la Gare, creado por Romain Bouteille en 1969. Coluche traballou con Patrick Dewaere, Henri Guybet, Miou-Miou, entre outros. Deixou a escena do cabaré para actuar perante as cámaras de cine, traballando en numerosas películas francesas. Tamén fixo unha incursión na política: empezara unha campaña para ser candidato ás eleccións presidenciais de Francia de 1981.
Coluche foi o provocador dos anos 80, admirado, temido e denigrado, ao ter a ousadía de dicir groserías en cada unha das súas aparicións na televisión. Deu un novo rostro á televisión, informal e cun uso ousado da linguaxe. Coluche reivindicaba a súa grosería: «Toujours grossier, jamais vulgaire» (sempre groseiro, nunca vulgar).
Procedía dunha familia modesta («Je ne suis pas un nouveau riche, je suis un ancien pauvre»: non son un novo rico, son un pobre ancián). Percibiu a insuficiencia da axuda francesa cara aos máis pobres e creou un organismo caritativo que aínda existe: Os Restos du Coeur (os restaurantes do corazón). Foi o orixe dunha lei, a chamada «Loi Coluche», votada en 1988, e que permite deducións fiscais a través das doazóns.
Afeccionado aos deportes, competiu no París-Dakar e bateu o récord do mundo de velocidade en moto sobre pista.
Citas célebres
Filmografía Le Pistonné (1970) Peau d'Âne (1970) Laisse aller, c'est une valse (1971) Elle court, elle court la banlieue (1973) L'An 01 (1973) Themroc (1973) Le Grand Bazar (1973) Les Vécés étaient fermés de l'intérieur (1976) L'Aile ou la cuisse (1976) Drôles de zèbres (1977) Vous n'aurez pas l'Alsace et la Lorraine (1977) Inspecteur la bavure (1980) Signé Furax (1981) Le Maître d'école (1981) Elle voit des nains partout ! (1982) Deux heures moins le quart avant Jésus-Christ (1982) Banzaï (1983) La Femme de mon pote (1983) Tchao Pantin (1983) Le Bon Roi Dagobert (1984) La Vengeance du serpent à plumes (1984) Sac de nœuds (1985) Le Fou de guerre (1985) Les Rois du gag (1985)
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina web oficial de Coluche Páxina dos Restos du cœur Campañas electorais heterodóxas
Categoría:Actores de Francia Categoría:Nados en 1944 Categoría:Nados en París Categoría:Humoristas de Francia Categoría:Finados en 1986