Antonio Caride-Tabarés Castro, nado en Ourense e finado na mesma cidade o 31 de xaneiro de 2015,Fallece el exalcalde de Ourense Antonio Caride-Tabarés Castro foi un empresario e político galego.
Traxectoria Foi director de Antonio Tabarés e Hijos SL, unha empresa de distribución que fundara seu pai. Foi candidato de Alianza Popular á alcaldía de Ourense nas eleccións municipais de 1983 e foi elixido alcalde ó se-la candidatura máis votada, pactando ao longo do mandato uns asuntos coa Coalición Galega de José Luis López Iglesias e outros co PSdeG de Manuel Veiga Pombo.
Non se presentou á reelección, aínda que permaneceu vencellado ao que despois sería o Partido Popular, co que chegou a concorrer en postos de non-saída nos comicios municipais de 2011.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Ourense
Categoría:Alcaldes de Ourense Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Finados en 2015 Categoría:Nados no século XX Categoría:Nados en Ourense Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes