Silver Age é o décimo álbum en solitario do músico estadounidense Bob Mould, antigo lñider das bandas Hüsker Dü e Sugar. Foi pubblicado o 4 de setembro do 2012 a través do selo Merge Records. Para o disco Mould estivo acompañado ao baixo por Jason Narducy e na batería por Jon Wurster, de Superchunk.

Para a edición de Silver Age o trío embarcouse nunha serie de concertos onde, ademais do material do novo traballo e un feixe de cancións de Hüsker Dü, tocaron o álbum de Sugar Copper Blue completamente coas cancións na mesma orde que no disco. Copper Blue foi publicado á vez que Silver Age nunha edición polo seu 20 aniversiario.

Listaxe de cancións "Star Machine" - 3:25 "Silver Age" - 3:02 "The Descent" - 3:55 "Briefest Moment" - 3:18 "Steam of Hercules" - 4:17 "Fugue State" - 3:33 "Round The City Square" - 4:04 "Angels Rearrange" - 3:16 "Keep Believing" - 4:25 "First Time Joy" - 4:53

Categoría:Álbums de Bob Mould Categoría:Álbums musicais de 2012 Categoría:Álbums de Merge Records