Meshuggah é unha banda sueca de metal extremo procedente de Umeå e fundada no ano 1987. A formación Meshuggah estivo composta principalmente polos seus fundadores, o vocalista Jens Kidman e o guitarrista Fredrik Thordendal, o batería Tomas Haake, que se xuntou a eles en 1990, e o guitarrista Mårten Hagström, chegado á banda en 1992. Polo grupo pasaron varios baixistas, estando ocupada esa posición na actualidade por Dick Lövgren dende 2004.
Meshuggah chamou a atención internacionalmente co seu álbum de 1995 Destroy Erase Improve, debido á súa fusión de death metal con tempos rápidos, thrash metal e metal progresivo con elementos de jazz fusion. Dende o seu traballo do ano 2002, Nothing, Meshuggah leva usando guitarras de 8 cordas coa afinación máis grave. Meshuggah fíxose coñecida polo seu estilo musical innovador e complexo, con estruturas de cancións con varios tempos e ritmos. O grupo foi considerado un dos 10 máis importantes conxuntos de hard rock e heavy metal pola revista Rolling Stone, e unha das bandas máis importantes de metal por Alternative Press. Meshuggah tivo algo de éxito entre o gran público ata a data, pero é sobre todo unha significativa banda dentro do underground da música extrema.
Discografía Álbums de estudio Álbum Ano Selo Contradictions Collapse 1991 Nuclear Blast Destroy Erase Improve 1995 Nuclear Blast Chaosphere 1998 Nuclear Blast Nothing 2002 Nuclear Blast Catch Thirtythree 2005 Nuclear Blast obZen 2008 Nuclear Blast Koloss 2012 Nuclear Blast The Violent Sleep of Reason 2016 Nuclear BlastImmutable2022Nuclear Blast
EPs Psykisk Testbild 1989 (Garageland) None 1994 (Nuclear Blast) Selfcaged 1995 (Nuclear Blast) The True Human Design 1997 (Nuclear Blast) I 2004 (Fractured Transmitter)
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Grupos musicais de Umeå Categoría:Grupos musicais de metal extremo Categoría:Grupos musicais de metal experimental Categoría:Grupos musicais de metal progresivo Categoría:Grupos musicais formados en 1987