Gerardo Francisco Jeremías Devesa, nado en Santiago de Compostela o 8 de novembro de 1847 e finado na mesma cidade o 27 de abril de 1890El Lucense, 28-4-1890, p. 3., foi un médico e político galego, reitor da Universidade de Santiago de Compostela.
Traxectoria Fillo natural de Gabriela Geremías Debesa, de extracción humilde, rematou o bacharelato en 1863 e licenciouse en Medicina en 1869 realizando tamén o doutoramento. En 1875 desprazouse a Granada para facerse cargo da cátedra de Anatomía Xeral e Descritiva. Dous anos despois volveu a Santiago coa cátedra de Patoloxía Cirúrxica. Foi elixido concelleiro do Concello de Santiago nas eleccións do 2 ao 4 de maio de 1881. Foi alcalde interino de Santiago de Compostela (1884-1885) e reitor da Universidade de Santiago de Compostela entre os anos 1888 e 1890.
Casou con Luisa Rodríguez Montero, sobriña de Eugenio e José Montero Ríos, de cuxo matrimonio tivo catro fillos.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Artigo sobre a súa figura
Categoría:Médicos de Santiago de Compostela Categoría:Alcaldes de Santiago de Compostela Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Reitores da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1847 Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Finados en 1890 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos