O Consejo de Estudiantes Universitarios del Estado ou CEUNE é un órgano dependente do Ministerio de Educación, Cultura y Deporte de España e co que se relaciona a través da Secretaría General de Universidades. Foi creado en desenvolvemento do Estatuto do Estudante Universitario, do ano 2010:
Está composto por un representante do alumnado no Consello de Goberno de cada unha das Universidades do Estado, incluíndo tamén as privadas, e está presidido polo propio Ministro de Educación Íñigo Méndez de Vigo.
O seu carácter é totalmente consultivo sen ningunha capacidade real de influír nas políticas educativas do Estado, tendo so unha función de ratificación do xa aprobado polo Goberno. Isto fíxose patente máis que nunca cando ante os recortes en Ensino que protagonizou o goberno do Partido Popular no ano 2012 este órgano limitouse a asentir, porén houbo continuos problemas e desplantes nas reunións por parte daqueles representantes non conformes con esta farsa O representante da USC no Consello de Estudantes abandona o pleno en protesta polas políticas de Wert.
Notas
Véxase tamén Web do Consello Facebook do Consello
Categoría:Ministerio de Educación, Cultura y Deporte de España Categoría:Universidades Categoría:Ensino en España