O IES Félix Muriel é un instituto público de educación secundaria de Rianxo. O seu nome vén dado por un pseudónimo que utilizaba ocasionalmente o escritor Rafael Dieste, orixinario de Rianxo.
Historia Os inicio da existencia do IES comeza no 1987 onde este comezou como Colexio Homologado dependendo administrativamente do IES Praia Xardín de Boiro.
Daquela o primeiro director foi Rafael A. Rodríguez Gil. O vicesecretario, Francisco Pena, era o encargado de levar a Boiro a documentación. Non existía edificio propio, polo que os cursos repartíanse entre o Cuartel Vello e a Biblioteca Municipal.
O 15 de outubro de 1990 inaugurouse o actual edificio en Rianxiño. Impartíase BUP, COU e Estudos de Formación Profesional da rama administrativa. Nestes tempos o centro levaba o nome de IES de Rianxo. No Consello Escolar do 29 de abril de 1997, abórdase a elección dunha denominación específica para o Instituto. Algunhas das propostas son Manoel Antonio, Virxe da Guadalupe ou Arcos Moldes.
Foi o 26 de xuño de 1997, cando se elixiu Félix Muriel como nome do centro nunha votación na que se presentaron outras denominacións como Manoel Antonio (xa existe un IES con este nome en Vigo) ou Sempre en Galiza, proposto polos representantes dos alumnos.
Véxase tamén
Ligazóns externas
Sitio web oficial. 'Os activistas da lingua' no IES Félix Muriel de Rianxo. Web serie "Aquí medra a lingua" (1x03)
Felix Muriel Categoría:Rianxo Categoría:Rianxo sen imaxes Categoría:Activistas pola normalización lingüística do galego