El Eco de Marín foi un semanario editado en Marín entre 1897 e 1914.

Historia e características Periódico fundado por Sabas Catá en 1897, quen foi tamén o seu director. En 1900 pasou a denominarse El Eco Marinense, en 1902 El Marinense, Semanario de intereses generales, en 1909 Nuevo Marín e en 1912 recupero a cabeceira orixinal volvendo chamarse El Eco de Marín. Foi un periódico de tendencia liberal e na última etapa republicana. Publicou traballos de carácter comercial ou marítimo, novas de información xeral, e algún folletín. En galego apareceu a sección "Paliques" asinada por Xesteiro. Entre os seus colaboradores figuraba Lino Gerpe. Cesou a súa edición o 29 de marzo de 1914Marín, 5-4-1914, p. 3..

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Pontevedra

Categoría:Prensa escrita de Marín Categoría:1897 en Galicia Categoría:Prensa anticlerical