Benedict Wallet Vilakazi (Bambatha kaMshini), nado o 6 de xaneiro de 1906 e finado o 26 de outubro de 1947, foi un escritor e ensinante zulú. Traxectoria Benedict Vilakazi naceu na misión de Groutville preto de KwaDukuza, Natal (agora Suráfrica), quinto fillo dos protestantes conversos Mshini ka Makhwatha e Leah Hlengwane ka Mnyazi. Vilakazi pasou a súa infancia apacentando o gando e ía esporadicamente á escola da misión ata os dez anos, cando foi a estudar ao colexio dun mosteiro católico en Mariannhill e alí converteuse ao catolicismo e bautizouse co nome de "Benedict Wallet" . En 1923 rematou os seus estudos de mestría, e comezou a ensinar en Mariannhill e máis tarde nun seminario en Ixopo onde estivo ata 1933 cando pasou ao Instituto de Ohlange. Desde primeiros da década de 1930 viña publicando poemas na prensa local, e en 1933 publicou a súa primeira novela Nje nempela ("realidade e verdade"), unha das primeiras obras de ficción en lingua zulú en tratar un asunto moderno, en 1934 sacou o B.A. por libre pola Universidade de Suráfrica e en 1935 publicou outra novela, Noma nini e a colección de poesía Inkondlo kaZulu, a primeira publicación de poesía zulú influenciada pola cultura occidental, en 1935 principiou a traballar no departamento de estudos bantús da Universidade de Witwatersrand baixo a dirección do lingüista C. M. Doke, co que realizou un dicionario zulú-inglés que se publicou postumamente. En 1938 completou o M.A. co traballo The conception and development of poetry in Zulu. Tamén ensinou na universidade de Lesotho
As novelas posteriores de Vilakazi continuaron a explorar a vida cotiá dos zulús, UDingiswayo kaJobe (1939) e Nje nempela (1944), a saga dunha familia tradicionalmente polígama. A súa poesía, fortemente influenciada polo estilo romántico europeo, primeiro experimentou cos xéneros en voga na poesía inglesa pero logo fusionou ritmo e verso con elementos do izibongo da poesía tradicional zulú que seguiron outros poetas zulús, porén no decurso da súa vida a súa poesía foise facendo máis política, dramatizando a explotación, non só dos zulús senón a dos africanos negros en xeral.
Vilakazi tamén traballou academicamente na tradición oral e nas linguas zulú e xhosa, colaborou na realización de libros para o ensino e foi presidente da "Catholic African Teachers’ Federation" e editor da Catholic African Teachers’ Review. Politicamente estivo comprometido co Congreso Nacional Africano Toyin, Falola (2009) Africans and the Politics of Popular Culture. Nova York:University of Rochester Press, p. 289. O seu pensamento en canto ao papel das linguas africanas na sociedade foi claro, só as linguas africanas podían ser o vieiro no que os autores e intelectuais expresasen a súa auténtica identidade nacional e cultural e cría que as literaturas escritas por africanos en linguas europeas era un medio máis de dominación cultural e políticaABIOLA, Irele F. (2010)The Oxford Encyclopedia of African Thought. Nova York:Oxford University Press, p. 409. O 16 de marzo de 1946 converteuse no primeiro surafricano negro en completar un doutoramento coa tese The oral and written literature in Nguni. Morreu en 1948 en Xohanesburg de meninxite.
Obras Inkondlo kaZulu (poesía), Witwatersrand University Press (Johannesburg), 1935. Noma nini (novela), Yacindezelwa Emshinini Wasemhlathuzane (Mariannhill, Natal), 1935. UDingiswayo kaJobe (novela), Sheldon Press (Londres), 1939. Nje nempela (novela), Mariannhill Mission Press (Mariannhill, Natal), 1944. Amal'eZulu (poesía), Witwatersrand University Press, 1945. Zulu-English Dictionary (con C. M. Doke), Witwatersrand University Press, 1948.
Notas
Ligazóns externas Dictionary of African Christian Biography Biografía na web da Universidade de Viena
Categoría:Nados en 1906 Categoría:Finados en 1947 Categoría:Escritores de Suráfrica Categoría:Lexicógrafos Categoría:Poetas Categoría:Escritores en lingua zulú Categoría:Nados en Suráfrica