Salam Fayyad (en , ), nado en 1952, é un político palestino, antigo Primeiro Ministro da Autoridade Nacional Palestina. O seu primeiro nomeamento foi o 15 de xuño de 2007, xustificado polo Presidente Abbas pola situación de "emerxencia nacional", non foi confirmado polo Consello Lexislativo Palestino. Foi nomeado de novo o de 19 de maio de 2009, até o 6 de xuño de 2013. Fayyad tamén foi o Ministro de Economía dende o 17 de marzo de 2007 e anteriormente ocupou este mesmo cargo dende xuño de 2002 a novembro de 2006.Profile: Salam Fayyad. BBC News, 17 June 2007

Traxectoria Nado en Deir al-Ghusun. Graduouse na Universidade Americana de Beirut en 1975 e recibiu o seu MBA na St. Edward's University en 1980. Fayyad ten un Doutourado en economía pola Universidade de Texas, onde foi alumno de William Barnett e fixo as súas primeiras investigacións. Fayyad comezou a ensinar economía na Yarmouk University en Xordania, antes de incorporarse ao FMI en 1987. despois traballou como xerente rexional do Banco Árabe, antes de aceptar unha oferta para converterse en Ministro de Economía de Arafat.

Tras dimitir como Ministro, presentouse como líder e fundador do novo partido A Terceira Vía nas Eleccións Lexislativas Palestinas de 2006 xunto con Hanan Ashrawi e Yasser Abd Rabbo.Palestinian third way rises Fayyad e Ashrawi lograron os seus escanos.

O 17 de marzo de 2007, nomearon a Fayyad ministro de economía, dentro da coalición de goberno entre Fatah e Hamás.

O 17 de outubro de 2008, mentres visitaba a Universidade de Texas, recibiu o premio a Alumno Distinguido antes dun partido de fútbol entre Texas e Missouri.

O 7 de marzo de 2009, Salam Fayyad presentoulle a súa renuncia ao presidente Mahmoud Abbas.Palestinian PM Fayyad steps down BBC NEWS 7 March 2009, accessed 7 March 2009

O 19 de maio de 2009, Fayyad volveu ao posto de primeiro ministro.Palestinians Reappoint Prime Minister Who Had Quit New York Times 19 May 2009, accessed 20 May 2009

Fayyad está casado con Bashaer Kaloti, ten tres fillos, Khaled, Iman e Abdallah.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Profile: Salam Fayyad, BBC News, 17 de xuño de 2007. Salam Fayyad: Everyone's favorite Palestinian , Haaretz, 1 de abril de 2007. Green Shoots in Palestine by Thomas Friedman, New York Times, 4 de agosto de 2009 Palestine Ending the Occupation, Establishing the State, Ynet, 25 de agosto de 2009 Our Man in Palestine, Nathan Thrall, The New York Review of Books, 14 de outubro de 2010 Palestinian Basic Law, selection of links and news

Categoría:Nados en 1952 Categoría:Políticos de Palestina Categoría:Nados en Palestina