«Love Me Do» é a primeira canción gravada polo grupo británico dos Beatles composta por John Lennon e Paul McCartney, principalmente por este último entre 1958 e 1959. A canción foi lanzada como sinxelo no Reino Unido, na súa primeira versión, o 5 de outubro de 1962, con «P.S. I Love You» ocupando a cara B do disco e figura no primeiro álbum de The Beatles, Please Please Me, comercializado o 22 de marzo de 1963. Alcanzou o n.º 17 nunha das listas británicas, sendo relanzado, xa na súa segunda versión, en 1982, alcanzando nesta ocasión o n.º 4. En Estados Unidos, que desde o principio editouse na súa segunda versión, o sinxelo foi n.º 1 en 1964.

Composición e gravación A canción comezaba cun harmónico de blues tocado por John Lennon, agregándose Lennon e McCartney coas voces principais simultaneamente (George Harrison interveu na harmonía vocal); malia que era Lennon o que tiña que cantar o só do título da canción, finalmente decidiuse que o interpretase McCartney, xa que Lennon tiña que utilizar a harmónica cando regresaban os instrumentos no «do» de «love me doo».

«Love Me Do» foi gravada en varias ocasións con tres baterías diferentes:

Os Beatles gravárona primeramente o 6 de xuño de 1962 con Pete Best á batería, como parte da súa audición nos estudos de EMI de Londres. Para o 4 de setembro, Best foi substituído por Ringo Starr (o produtor George Martin non aprobara a interpretación de Best á batería), e ese mesmo día os Beatles volveron gravar con Starr unha nova versión da canción nos mesmos estudos de EMI. Unha semana despois, o 11 de setembro, os Beatles regresaron ao mesmo estudo para gravar «Love Me Do» co batería de sesión Andy White, xa que George Martin estaba pouco satisfeito coa interpretación de Starr á batería, relegándolle para esta ocasión a que tocase a pandeireta na canción.

Con todo, o primeiro sinxelo dos Beatles incluía a versión de «Love Me Do» con Ringo Starr á batería. Foi esta versión a que só puido alcanzar no Reino Unido o n.º 17 no Record Retailer, unha das catro principais listas musicais que había entón en Gran Bretaña. A versión con Andy White á batería non aparecería ata a edición do álbum Please Please Me en marzo de 1963, á vez que as sucesivas reediciones do sinxelo «Love Me Do» xa o facían coa versión que se incluíu no primeiro LP do grupo e a versión de Pete Best sería incluída na recompilación Anthology 1.

Persoal

Na versión gravada o 6 de xuño de 1962 e publicada en Anthology 1:

John Lennon - harmónica, voz principal conxunta Paul McCartney - baixo eléctrico, voz principal conxunta George Harrison - guitarra acústica Pete Best - batería Produtor: George Martin

Na versión gravada o 4 de setembro de 1962 e publicada en sinxelo o 5 de outubro de 1962:

John Lennon - harmónica, voz principal conxunta Paul McCartney - baixo eléctrico, voz principal conxunta George Harrison - guitarra acústica Ringo Starr - batería Produtor: George Martin

Na versión gravada o 11 de setembro de 1962 e publicada no álbum Please Please Me:

John Lennon - harmónica, voz principal conxunta Paul McCartney - baixo eléctrico, voz principal conxunta George Harrison - guitarra eléctrica Andy White - batería Ringo Starr - pandeireta Produtor: Ron Richards, en ausencia de George Martin

Outras versións "Love Me Do" foi regravada por outros artistas entre eles: Sandie Shaw en 1969, Ringo Starr no álbum solo de 1998 Vertical Man, Emmerson Nogueira en 2004 e David Bowie cantouna na xira de Ziggy Stardust.

Posición nas listas «Love Me Do» na versión con Ringo Starr a batería AnoPaísListaPosiciónSemanas n.º 1 Semanas na lista 1962 Record Retailer17—18 New Musical Express27— Melody Maker21—16 1964 Billboard Hot 10067—

«Love Me Do» na versión con Andy White a batería

AnoPaísListaPosiciónSemanas n.º 1 Semanas na lista 1964 Billboard Hot 1001114 Record World11 Cash Box11

Notas

Véxase tamén

Discografía de The Beatles

Bibliografía

Ligazóns externas «Love Me Do» en The Beatles Collection Artículos, entrevistas y detalles en el New Musical Express, de 1953 a 1969

Categoría:Cancións de The Beatles Categoría:Sinxelos de 1962