Palaemon é un xénero de crustáceos decápodos carideos, o tipo da famila dos palemónidos (Palaemonidae).
Características As especies deste xénero son camaróns que teñen a particularidade de presentaren un rostro ben desenvolvido na parte dianteira da cabeza, que non se encontra noutros xéneros de carideos, como as gambas. Outro detalle distintivo é a posición dos ollos, peduculados e moi diverxentes, mentres que as gambas téñenos máis próximos. Estes camaróns teñen pinzas, como os cangrexos, pero diminutas. O seu tamaño varía de 2 a 10 cm.
Taxonomía O xénero foi descrito en 1795 polo entomólogo alemán Friedrich Weber na súa obra Nomenclator entomologicus secundum Entomologiam systematicum ill. Fabricii adjectis speciebus recens detectis et varietatibus. Chilonii et Hamburgii: C. E. Bohn. viii 171 pp. Ver en liña.
A circunscrición convencional deste xénero é probabelmente parafilética. Datos moleculares suxiren que o xénero Palaemonetes, así como os xéneros Exopalaemon e Couteriella, deberían incluírse en Palaemon. As afinidades filoxenéticas nestes grupos corresponden mellor coa orixe xeográfica das asignacións de xénero convencional.
Especies Segundo Grave e Fransen, o xénero comprende as seguintes especies:
Palaemon adspersus Rathke, 1837 Palaemon affinis H. Milne-Edwards, 1837 Palaemon capensis (De Man in M. Weber, 1897) Palaemon concinnus Dana, 1852 Palaemon curvirostris Nguyên, 1992 Palaemon debilis Dana, 1852 Palaemon dolospinus Walker & Poore, 2003 Palaemon elegans Rathke, 1837 Palaemon floridanus Chace, 1942 Palaemon gladiator Holthuis, 1950 Palaemon gracilis (Smith, 1871) Palaemon gravieri (Yu, 1930) Palaemon guangdongensis Liu, Liang & Yan, 1990 Palaemon hancocki Holthuis, 1950 Palaemon intermedius (Stimpson, 1860) Palaemon khori De Grave & Al-Maslamani, 2006 Palaemon litoreus (McCulloch, 1909) Palaemon longirostris H. Milne-Edwards, 1837 Palaemon macrodactylus Rathbun, 1902 Palaemon maculatus (Thallwitz, 1892) Palaemon miyadii (Kubo, 1938) Palaemon northropi (Rankin, 1898) Palaemon ogasawaraensis Kato & Takeda, 1981 Palaemon ortmanni Rathbun, 1902 Palaemon pacificus (Stimpson, 1860) Palaemon paivai Fausto Filho, 1967 Palaemon pandaliformis (Stimpson, 1871) Palaemon paucidens De Haan, 1844 Palaemon peringueyi (Stebbing, 1915) Palaemon peruanus Holthuis, 1950 Palaemon powelli Ashelby & De Grave, 2009 Palaemon ritteri Holmes, 1895 Palaemon semmelinkii (De Man, 1881) Palaemon serenus Heller, 1862 Palaemon serratus (Pennant, 1777) Palaemon serrifer (Stimpson, 1860) Palaemon sewelli (Kemp, 1925) Palaemon tenuidactylus Liu, Liang & Yan, 1990 Palaemon vicinus Ashelby, 2009 Palaemon xiphias Risso, 1816 Palaemon yamashitai Fujino & Miyake, 1970
Importancia económica Algunhas especies son obxecto de activa pesca en numerosos lugares do mundo, e son considerados como delicias gastronómicas.
Galería
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Costello, M. J., Emblow, C. & White, R. J. (eds.) (2001): European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. París: Muséum national d'Histoire naturelle. Collection Patrimoines Naturels, 50. ISBN 2-85653-538-0. Holthuis, L. B. (1993): The recent genera of the Caridean and Stenopodidean shrimps (Crustacea, Decapoda): with an appendix on the order Amphionidacea. Leiden: Nationaal Natuurhistorisch Museum. ISBN 90-73239-21-4. Raabe, Charles & Linda Raabe (2008): "The Caridean shrimp: Shrimp Anatomy - Illustrations and Glossary ". Tavares, Carolina & Joel W. Martin (2010): "Suborder Dendrobranchiata Bate, 1888", en F. R. Schram, J. C. von Vaupel Klein, J. Forest & M. Charmantier-Daures (eds.) Treatise on Zoology – Anatomy, Taxonomy, Biology – The Crustacea. Volume 9A Eucarida: Euphausiacea, Amphionidacea, and Decapoda. Brill Publishers. ISBN 978-90-04-16441-3. PDF.
Outros artigos Crustáceos Decápodos Carideos Marisco
Ligazóns externas Palaemon en ITIS. (en inglés) Palaemon en Animal Diversity Web. Palaemon en NCBI. Vídeo en www.wat.tv.
Categoría:Carideos Categoría:Produtos da pesca