O río Gorgol é un río africano que discorre polo sur de Mauritania. O río fórmase pola confluencia do Gorgol Negro (de 194 km de lonxitude) e o Gorgol Branco (de 345 km). O Gorgol únese ao río Senegal en Kaédi..

A cunca do río xoga un importante papel na economía de Mauritania facilitado polo investimento na década de 1970. O goberno de Mauritania iniciou un plan de desenvolvemento de regadío polo val do río Gorgol en 1975, o proxecto aumentaría as terras de cultivo en máis de 3.600 hectáreas.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Mise en valeur de la vallée du Gorgol, Mauritanie : conclusions et recommandations du projet, Organisation des Nations unies pour l'alimentation et l'agriculture, Éditeur FAO, Rome, 1975, 49 p. Jean-Louis Boutillier et al., La Moyenne vallée du Sénégal : étude socio-économique, Presses universitaires de France, París, 1962, 368 p.

Ligazóns externas Información sobre o río Agricultura en Mauritania

Categoría:Afluentes do Senegal Categoría:Ríos de Mauritania